Categories: Actualidad

Javier Losada: “a implicación do goberno central co Ano Santo é total”.

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e o delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, visitaron hoxe as obras de restauración das escaleiras, da reixa e da cripta da catedral, financiadas polo Ministerio de Fomento. Losada comprometeuse co rexedor compostelá a “telas rematado en tempo e forma”. A data barallada para a finalizacióndos traballos é o 31 de decembro deste ano.

O delegado do Goberno confirmou que a Xunta de Galicia sabe da implicación do executivo central na preparación do Xacobeo. “Xa llo comentou o ministro de Cultura, díxollo no seu momento o presidente Pedro Sánchez na primeira reunión que tivo” con Núñez Feijoo, “e o máis importante”, engadiu “facémolo no día a día, con 92 millóns de euros nesta lexislatura, adicadados a centenares de actuacións como esta que estamos facendo ao longo Camiño de Santiago, polo que teñen bastante capacidade de coñecelas”.

Javier Losada é contundente: “non hai falta de implicación do goberno central. O que hai é un lixeiro nervosismo pola etapa electoral”. Engadiu que a colaboración estase dando en todos os aspectos: en cultura, en fomento, en seguridade, na promoción turística; e achaca as críticas da Xunta “a unha situación de que estamos nun final de ciclo e iso xenera un grao de excesiva hiperventilación”.

Losada explicou que desde a delegación do Goberno coordínanse todas as actuacións do executivo central “para que estean en perfectas condicións. E por suposto que hai unha comisión a nivel autonómico, na que está a subdelegada” representando ao goberno central.

Anunciou, ademais, que nos próximos días o goberno de España porá en marcha unha Comisión do Xacobeo para coordinar todas as actuacións que desde o executivo central, teñen que ver con Compostela e co Camiño de Santiago en Galicia, “xa sexan de policía nacional de garda civil, de turismo, de fomento, ou de cultura”. O obxectivo, engadiu “é conseguir que Santiago brille como nunca no Xacobeo 2021 e estea preparada para o Xacobeo 2027”.

Engadiu Javier Losada que a catedral é o elemento definitorio do Camiño de Santiago, o fin da ruta xacobea. Un camiño, afirmou, no que o goberno de España é o primeiro peregrino, porque está en todas as zonas da ruta, desde que se incia ata que remata “con inversións millonarias, intentando restaurar, intentando mellorar” as súas condicións. “Intentando acompañar a concellos, a institucións e a comunidades autónomas, para pór ao Camiño de Santiago nas mellores condicións”, indicou.

A obra, segundo explicou Losada, forma parte do Plan director da catedral compostelá, “no que o goberno de España xa leva investidos preto de 24 millóns de euros”. As obras de recuperación da escaleira, da reixa e da cripta, é unha desas intervencións. Conta cun custe aproximado de 1,4 millóns de euros e un prazo de execución de 16 meses. “Esperamos adiantar estes prazos pra que os santiagueses, e as persoas que veñen a Santiago poidan ver esta maravilla”.

Javier Losada explicou que o goberno central adica, este ano e o vindeiro, preto de 92 millóns de euros ao Xacobeo 2021. Invístense, subliñou, “en obras que afectan aos Camiños, a institucións que se adican a conservar o patrimonio e ao propio patrimonio”. Aparte, hai dúas convocatorias, destinadas aos concellos polos que pasa o Camiño de Santiago. Este ano, unha de 20 millóns; e outra en 2021, de 40 millóns de euros. Son fondos, a maiores dos 92 millóns de euros, que se van adicar, engadiu “a recuperacións, reparacións e conservación de elementos” relacionados coa ruta Xacobea;

Losada explicou que desde a delegación do Goberno coordínanse todas as actuacións do executivo central “para que estean en perfectas condicións. E por suposto que hai unha Comisión a nivel autonómico, na que está a subdelegada representando ao goberno central”.

INTERMODAL

O delegado do Goberno tamén se referiu ao levantamento da clásula de 3,5 millóns de pasaxeiros para a construcción da Intermodal. Ao respecto sinalou que o executivo central é moi receptivo ás demandas dos seus alcaldes e das institucións. “Como saben este é un goberno que dialoga. E hai moitas sinaturas pendentes”. Unha delas, sinalou, é esta cláusula que cualificou de “sorprendente”.

Explicou que Santiago é a única cidade de España que tiña este tipo de cláusula, por iso o alcalde “con bó criterio, pediu “que se solucione. E polo que eu teño constancia, o ministerio de Fomento, como ADIF está nesta situación”. Engadiu Losada, que Sánchez Bugallo “vai atopar, con total seguridade, o compromiso e facilidades do goberno de España, que o que quere son as mellores instalacións, as mellores infraestruturas” e entregalas, indicou, no menor prazo posible; porque o que atopou, “foi unha herdanza moi difícil de xestionar”, con problemas de difícil solución.

Enumerou, en concreto, “suspensións de Ana Pastor, de Feijoo e de Rajoy, decisións de cautelas como esta que non se comprenden para o desenvolvemento dunha intermodal, afectaciones de estacións de autobuses en Ourense que non se axustan á realidade nen as necesidades”, etc. Rematou asegurando que “estamos traballando nelo, pero é moi complexo, porque son moitas as frontes. Pero dame que neste caso, todo vai por bó camiño”.

IVE COMUNIDADES AUTÓNOMAS

Javier Losada explicou que mañá as comunidades autónomas terán a oportunidade de explicar no Consello Económico e Fiscal, “as súas necesidades, e como debe solucionarse o problema herdado de Rajoy e Montoro, con respecto ao tema do IVE”.

Para o delegado do Goberno, cómpre buscar unha financiación adecuada, acorde ás necesidades do século XXI, “as necesidades duns territorios moi diferentes e moi diversos. Estou convencido de que dialogando, colaborando, cohexionando fiscalmente o territorrio, e con lealdade institucional é como se solucionan as cousas”. Mañá teñen a oportunidade, asegurou, de encauzar un problema que “levamos máis dunha década sen solucionar, que é unha financiación autonómica xusta, adecuada ás necesidades do territorio, e que dea capacidade financieira ás comunidades autónomas, como se quixo dar en 2019 co aumento do teito de gasto”; ao que se opuxeron, lembrou, os diputados do PP co seu voto en contra.

Durante a visita ás obras, o alcalde e o delegado do Goberno estiveron acompañados pola concelleira de Urbanismo con competencias en Patrimonio, Mercedes Rosón.

Recent Posts

O alcalde anuncia que esta semana comeza a negociación orzamentaria

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, anunciou que co comezo do ano, "empezaremos coa…

4 anos ago

O rexedor pedirá unha rolda de entrevistas cos ministros do novo goberno de Pedro Sánchez para tratar os asuntos pendentes con Santiago

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, avanzou que, en canto xuren o cargo, pedirá…

4 anos ago

Sánchez Bugallo amosa o interese en chegar a acordos o máis amplos posibles cos demais grupos para sacar adiante os orzamentos

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, sinala a PP e Compostela Aberta, como as…

4 anos ago

O goberno local presenta a próxima semana a primeira parte das actuacións vinculadas ao Ano Santo

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, adiantou que o goberno municipal convocou o luns…

4 anos ago

O alcalde sinala que non caso das estatuas do Mestre Mateo se produciu unha apropiación indebida por parte da familia Franco

A Xunta de Goberno do Concello de Santiago presentará un recurso de casación ante o…

4 anos ago