Sindo Guinarte adianta que en breve comezarán a traballar no Plan de Sostibilidade Turística

O concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte, adiantou hoxe que “imos comezar a pór en marcha os obxectivos” e eixos do “Plan de Sostibilidade Turística”, dotado con 3 millóns de euros”. O primeiro paso, segundo explicou, é “constituír a Comisión de seguimento e a continuación, comezar a traballar en cada un dos obxectivos do plan, que se debe desenvolver no 2021, 2022, e 2023, pero non queremos demorar o seu inicio”.

Este foi un dos asuntos dos que sinalou, falou co arcebispo e coa directora de Turismo de Galicia. Os outros: retomar as mesas de traballo “que tiñamos en marcha, de cara á organización de distintas actividades, e vcuestións que teñen que ver coa afluencia de persoas de cara ao Xacobeo”.  Sindo Guinarte realizou estas declaracións durante a presentación do cartel da Semana Santa 2021 da Xunta de Confrarías; no que están representadas as imaxes titulares das trece confrarías que percorren a cidade histórica. Ao remate do acto, Guinarte, afirmou que “é moi arriscado”, pronosticar unha data de recuperación “normal” da actividade turística. O que si confirma é que “imos traballar de cara ao futuro”, para volver á normalidade.

Guinarte cualificou de “malas as perspectivas turísticas a curto prazo. “Nós sempre barallamos a idea de que probablemente ata inicio do verán non se ía recuperar certa normalidade na mobilidade e en consecuencia na actividade turística”.  Pero, engade, tendo en conta as actuais condicións da pandemia, e o ritmo de vacinación, así como as complicacións en distintos paises “da nosa contorna”, “é impensable” que antes desa data “recobremos un ritmo de actividade minimamente normal”.

Recent Posts

O alcalde anuncia que esta semana comeza a negociación orzamentaria

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, anunciou que co comezo do ano, "empezaremos coa…

4 anos ago

O rexedor pedirá unha rolda de entrevistas cos ministros do novo goberno de Pedro Sánchez para tratar os asuntos pendentes con Santiago

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, avanzou que, en canto xuren o cargo, pedirá…

4 anos ago

Sánchez Bugallo amosa o interese en chegar a acordos o máis amplos posibles cos demais grupos para sacar adiante os orzamentos

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, sinala a PP e Compostela Aberta, como as…

4 anos ago

O goberno local presenta a próxima semana a primeira parte das actuacións vinculadas ao Ano Santo

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, adiantou que o goberno municipal convocou o luns…

4 anos ago

O alcalde sinala que non caso das estatuas do Mestre Mateo se produciu unha apropiación indebida por parte da familia Franco

A Xunta de Goberno do Concello de Santiago presentará un recurso de casación ante o…

4 anos ago