Sánchez Bugallo sinala que o Concello non ten medios humanos nin materiais para asumir a xestión e tramitación de sancións

O  concello de Santiago non ten medios materiais nin humanos para asumir a xestión e tramitación de sancións. Asegurouno o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, quen recordou que esa foi a razón de que Compostela Aberta subscribira o actual contrato en 2018; que substituía ao asinado polo PP en 2012.

O alcalde tamén desmentiu as acusacións sobre o afán recaudatorio do Concello. Fíxoo con datos, coas cifras dos dereitos netos recoñecidos por multas dos últimos cinco anos. En 2020 foron 2.204.436,99 euros; unha cifra similar á de 2011, cando gobernaba o PP, que foron de 2.140.631,78 euros.

Recordou que nos anos anteriores, de 2016 a 2018; esa cifra de dereitos recoñecidos netos por sancións, foi superior a do exercicio pasado. É dicir, os ingresos foron maiores. En 2018 acadaron os 2.593.447,45 euros; en 2017 os 2.367.041,96 euros e en 2016 os 2.754.127,96 euros. A única excepción foi o ano 2019, cando os dereitos netos recoñecidos por denuncias foron de 2.050.436,99 euros.

O rexedor  subliñou que o actual contrato foi suscrito polo goberno de Compostela Aberta, no ano 2018. Substituía a un contrato do executivo do PP de 2012,  “no que se abonaba un 30% e o concello tiña que pagar o 60% dos gastos de correos”. No actual contrato é o 26% e os gastos de correos van a conta da empresa, “que tamén ten que pagar o persoal e os equipos” durante o proceso de tramitación. Polo tanto, aclara o alcalde, “non é que leve ese beneficio”, porque con esa porcentaxe cubre os custes do funcionamento do servizo.

A razón de convocar ese concurso na década dos 90, era, recordou “a non dispoñibilidade de medios materiais e humanos para tramitar as multas no propio concello.  Sánchez Bugallo lembrou que si daquela había razóns para encargar a xestión das sancións a unha empresa, máis as hai agora, polo recorte en recursos humanos resultado da aplicación da Lei Montoro. “Hoxe o departamento de Tráfico está formado por catro persoas e non hai posibilidade real de que tramite as denuncias”, sinalou.

Para o alcalde, a prórroga do contrato é inevitable. “Mentras non se modifique a taxa de reposición de efectivos non é viable que o concello xestione ese servizo” que, engade, tamén tramita outro tipo de sancións, aparte das multas de tráfico.

Obras Concheiros

O alcalde, consciente das molestias que os traballos de reurbanización  de Concheiros están causando á veciñanza e aos negocios da rúa; sinalou que o Goberno Municipal ten intención de incluir unha partida nos orzamentos de 2022 para apoiar a promoción do comercio e a reactivación económica da zona cando remante as obras; ”un plan de apoio, de dinamización e de incentivación” do consumo, subliñou.

Sánchez Bugallo indicou que, probablemente, nos próximos 50 anos non se vaian realizar máis obras na zona, polo que “todos temos que procurar que sexa a mellor actuación posible”. Recordou que cando comezou o mandanto, había un “enfrontamento”, entre a xente do barrio e a Xunta, polo proxecto da obra. Nese momento, continuou, o goberno galego “comunicounos a decisión de abandonar. Nós falamos coa veciñanza, e díxemoslle que iso era inaceptable. A rúa era un desastre, e non tiña ningún sentido de que desde a Cruz de San Pedro para abaixo o barrio estivera renovado, e xusto houbera uns seiscentos metros de espazo que era un caos”.

Ante esta situación, engadiu o alcalde, “comunicámoslle a decisión de tirar adiante coas obras. Fixémolo co proxecto da Xunta, e sacamos a licitación. Pero, atendendo demandas veciñais, fomos introducindo cambios na obra que mellora o proxecto”. Entre esas demandas, Sánchez Bugallo sinalou que se manteña a doble dirección, que as beirarrúas tivesen a mesma anchura, o cambio total da rede de sumidoiros, e o cambio do asfalto por pedra na zona do ascensor de Triacastela. Unhas decisións, insiste o rexedor, “que benefician á calidade do proxecto e á veciñanza”.

Orzamentos

Respecto dos orzamentos, o alcalde sinalou que o comezo das negociacións coa oposición vai estar condicionado pola resolución do Tribunal Constitucional que afecta ao imposto de plusvalías. Para o concello de Santiago supón uns 3 millóns de euros anuais menos de ingresos.

Sánchez bugallo explico que aproximadamente o “93% do orzamento está comprometido, polo que esa rebaixa afectaría aos compromisos que habería que asumir co 7% restante, o que; sinala o alcalde,  condiciona “a marxe de actuación” do Concello, polo que, neste momento, é “moi complicado tomar decisións.

O rexedor recorda que o que cuestiona o Tribunal Constitucional é o sistema de cálculo aprobado en 2012, polo goberno de Mariano Rajoy, sendo ministro de Facenda Cristóbal Montoro.

Senteza

Sánchez Bugallo tamén se pronunciou sobre a sentenza que anula o decreto de xullo de 2020 polo que se declaraba ilegal a actividade dunha vivenda de uso turístico, que non ten título habilitante, é dicir, non ten licenza para esa actividade económica.  O alcalde foi claro: “entendemos que non ataca ao fondo do asunto, non é firme, imos recorrela; e imos estudar, ante as cuestións que plantexa, que correccións temos que facer en materia de notificacións e en materia de formulación das nosas resolucións”.

Recent Posts

O alcalde anuncia que esta semana comeza a negociación orzamentaria

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, anunciou que co comezo do ano, "empezaremos coa…

4 anos ago

O rexedor pedirá unha rolda de entrevistas cos ministros do novo goberno de Pedro Sánchez para tratar os asuntos pendentes con Santiago

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, avanzou que, en canto xuren o cargo, pedirá…

4 anos ago

Sánchez Bugallo amosa o interese en chegar a acordos o máis amplos posibles cos demais grupos para sacar adiante os orzamentos

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, sinala a PP e Compostela Aberta, como as…

4 anos ago

O goberno local presenta a próxima semana a primeira parte das actuacións vinculadas ao Ano Santo

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, adiantou que o goberno municipal convocou o luns…

4 anos ago

O alcalde sinala que non caso das estatuas do Mestre Mateo se produciu unha apropiación indebida por parte da familia Franco

A Xunta de Goberno do Concello de Santiago presentará un recurso de casación ante o…

4 anos ago