Sánchez Bugallo sinala que as obras de Concheiros están recibindo un impulso importante e que o prioritario “é que queden ben”

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, sinalou hoxe que as obras de Concheiros “están recibindo un impulso importante”, e que o prioritario é que queden ben. Na rolda de prensa de Xunta de Goberno, o rexedor aclarou que o informe da dirección facultativa xustifica a prórroga das actuacións ata o 23 de decembro, aínda que existe “unha declaración da empresa de imposiblidade de remate antes do 22 de xaneiro de 2022”.

Esta prórroga é consecuencias, explicou, das modificacións que se tiveron que realizar, unha parte delas “a petición da asociación de veciños”, como o cambio no ancho das beirarrúas, ou que a rúa fose de doble dirección. “Son demandas e esixencias da propia asociación”, continuou.

A maiores, hai “outras modificacións que se derivaron de melloras propostas desde a propia dirección facultativa, en nalgúns casos por circunstancias sobrevidas”. Neste apartado o alcalde citou “a liña de media tensión que apareceu e non figuraba no proxecto”; ou o cambio de toda a rede de sumidoiros. “No proxecto estaba previsto cambiar 50 metros, pero ao final cambiouse enteira” polo estado no que se atopaba. Outra modificación foi a substitución do asfalto previsto na “praza central por pedra”.

Todas estas modificacións, sinalou, “conlevan un retraso inevitable”, que a dirección facultativa, continuou, calcula en 30 días. “A empresa entende que é maior”, polo tanto “hai unha prolongación da obra ata o 23 de decembro, que a dirección facultativa entende xustificada, e hai unha declaración da empresa de imposiblidade de remate antes do 22 de xaneiro de 2022”, subliñou.

O alcalde recordou que os proxectos, tanto de Concheiros como de Triacastela, son de 2018, “herdados, que nós non aprobamos”. “Un proxecto”, indicou, “no que non se contemplaba a liña de media tensión, as vivendas que estaban alí abaixo, e que non contemplaba cambiar toda a rede de saneamento”.

Sánchez Bugallo engadiu que é unha actuación “na que todos estamos sofrendo moito”, veciños, comerciantes, e tamén o concelleiro, “que está a pé de obra todo o día”.  “Estamos facendo todo o que está ao noso alcance”, para que a actuación remate canto antes e “para que quede o mellor posible. “É o obxectivo prioritario porque vai marcar Concheiros para os próximos 30 e 40 anos. Iso é máis importante que que se acabe 15 días antes ou despois”, sinalou. O rexedor engadiu que non ve útil unha comisión de seguimento da obra. En canto á actuación de Triacastela, informou que se está rectificando o novo proxecto, porque se se executaba o anterior “o muro víñase abaixo”.

Sobre a solicitude de licenza para un espazo comercial en Brandía que cotempla a instalación dunha gasolineira, “é un tema que nos ocupa e nos preocupa”. Lembrou que a parcela era propiedade da veciñanza de Brandía, embargada, e adquirida por un terceiro nunha subasta.  Ese terceiro, explicou o rexedor, pediu “unha solicitude de licenza que inicialmente foi paralizada, porque contemplaba a instalación dunha gasolineira; e o que prevé o plan é unha superficie comercial”. Pero a Lei de Hidrocarburos da Xunta “considera que a instalación de gasolineiras é encaixable”, sempre que se comparta con outras actividades comerciais.

“Creo que nunca houbo na historia deste concello, un expediente de licenza tan estudado como este. Comprendo perfectamente a posición da veciñanza, pero un alcalde débese a lei, e as licenzas son actos reglados”; non dependen da vontade dunha Xunta de Goberno ou dun rexedor, engadiu. “Estamos obrigados a adoptar sempre unha resolución xusta, axustada a lei, compartámolo ou non”. Sánchez Bugallo, finalizou sinalando que “sexa cal sexa a resolución que ditemos, dacordo cos informes técnicos e xurídicos”, o máis seguro é que vaia ao xulgado, ao ser recorrida por algunha das partes “e será o xuiz o que terá que dictaminar se a interpretación que fai o concello é a correcta”.

Recent Posts

O alcalde anuncia que esta semana comeza a negociación orzamentaria

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, anunciou que co comezo do ano, "empezaremos coa…

4 anos ago

O rexedor pedirá unha rolda de entrevistas cos ministros do novo goberno de Pedro Sánchez para tratar os asuntos pendentes con Santiago

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, avanzou que, en canto xuren o cargo, pedirá…

4 anos ago

Sánchez Bugallo amosa o interese en chegar a acordos o máis amplos posibles cos demais grupos para sacar adiante os orzamentos

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, sinala a PP e Compostela Aberta, como as…

4 anos ago

O goberno local presenta a próxima semana a primeira parte das actuacións vinculadas ao Ano Santo

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, adiantou que o goberno municipal convocou o luns…

4 anos ago

O alcalde sinala que non caso das estatuas do Mestre Mateo se produciu unha apropiación indebida por parte da familia Franco

A Xunta de Goberno do Concello de Santiago presentará un recurso de casación ante o…

4 anos ago