Sánchez Bugallo: “o asasinato de Miguel Ángel Blanco foi o principio do fin de ETA”

Hoxe, os membros da Corporación Muncipal, entre os que se atopa o alcalde, Xosé Sánchez Bugallo; e os concelleiro Mercedes Rosón, Sindo Guinarte, Mila Castro, e Marta Abal, gardaron cinco minutos de silencio en memoria de Miguel Ángel Blanco e de todas as vítimas de ETA e como acto de condena e repulsa a calquera clase de acto terrorista.

O alcalde Sánchez Bugallo, durante as declaracións

Os cinco minutos de silencio, convocados pola FEMP, a Federación Española de Municipios e Provincias, remataron cun aplauso. A continuación, o alcalde sinalou que o asasinato de Miguel Ángel Blanco foi “o principio do fin de ETA”. Para Sánchez Bugallo “foi un feito trascendental” na loita contra a banda terrorista, “no que se implicou toda a sociedade española”. O asasinato de Miguel Ángel Blanco, continuou, “foi a pinga que  desbordou o vaso e que provocou unha mobilizacion xeral”.

En Santiago, os anos de terrorismo de ETA “vivimolos cunha gran preocupación e solidariedade”, sinalou o alcalde, quen lembrou a detención dun comando que pretendía atentar en Compostela. “Nos últimos anos faciamos minutos de silencio por cada vítima, ata que por fin remataron os asasinatos. Foi unha época moi dura”.

O 20 de outubro de 2011, co goberno socialista de José Luis Rodríguez Zapatero, ETA anunciaba, a través dun vídeo, o “cesde definitivo da violencia” e emprazaba aos estados español e francés a abrir “un proceso de diálogo directo”. Detrás quedaban 43 anos de violencia, que deixaron un balance recoñecido de 850 vítimas.

Recent Posts

O alcalde anuncia que esta semana comeza a negociación orzamentaria

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, anunciou que co comezo do ano, "empezaremos coa…

4 anos ago

O rexedor pedirá unha rolda de entrevistas cos ministros do novo goberno de Pedro Sánchez para tratar os asuntos pendentes con Santiago

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, avanzou que, en canto xuren o cargo, pedirá…

4 anos ago

Sánchez Bugallo amosa o interese en chegar a acordos o máis amplos posibles cos demais grupos para sacar adiante os orzamentos

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, sinala a PP e Compostela Aberta, como as…

4 anos ago

O goberno local presenta a próxima semana a primeira parte das actuacións vinculadas ao Ano Santo

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, adiantou que o goberno municipal convocou o luns…

4 anos ago

O alcalde sinala que non caso das estatuas do Mestre Mateo se produciu unha apropiación indebida por parte da familia Franco

A Xunta de Goberno do Concello de Santiago presentará un recurso de casación ante o…

4 anos ago