Sánchez Bugallo e a concelleira Mila Castro sinalan que a concesión da xestión da auga é o modelo máis eficaz para Compostela

  • Sánchez Bugallo: “O Concello de Santiago non pode asumir o investimento que precisa o servizo, sobre cen millóns de euros, con actuacións urxentes e imprescindibles”.
  • Mila Castro: “a estratexia da oposición, dende o inicio ata agora foi alimentar o caldo de cultivo social ata ter un argumento presuntamente cidadá. Pero a cidadanía o que quere é que lle solucionemos os problemas, que deixemos de falar tanto, e que poñamos solucións. Os veciños e veciñas teñen, neste momento, necesidades imperiosas polas múltiples roturas e outras incidencias, ou polo estado das canalizacións, algunhas de hai máis de 50 anos”.

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo; e a concelleira de Medio Ambiente, Mila Castro, defenderon hoxe, no pleno extraordinario sobre o ciclo integral da auga, o modelo de xestión concesionado como o máis eficaz para Santiago de Compostela, dado o alto investimento que precisa o servizo, sobre cen millóns de euros, segundo apuntou o rexedor, nos que non se incluiría a construción da EDAR da Silvouta. Unha cantidade que o Concello non pode asumir.

Imaxe do pleno

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo; e a concelleira de Medio Ambiente, Mila Castro, defenderon hoxe, no pleno extraordinario sobre o servizo do ciclo integral da auga, o modelo de xestión concesionado como o máis eficaz para Santiago de Compostela, dado o alto investimento que precisa o servizo, sobre cen millóns de euros, segundo apuntou o rexedor, nos que non se incluiría a construción da EDAR. Unha cantidade que o Concello non pode asumir.

Este investimento, tal e como explicaron en pleno Sánchez Bugallo e Mila Castro, ven causado por distintos motivos. Entre eles, a situación actual da rede de canalizacións, moi deterioradas, que precisan dunha renovación urxente; a falta de saneamento en distintas zonas do rural; ou as novas tecnoloxías e dixitalización. Unhas actuacións, como puxeron de manifesto, “urxentes e imprescindibles”.

Mila Castro lembrou que o modelo de xestión da auga xa foi debatido ata en seis ocasións no pleno. E que en todas houbo absoluta transparencia. Recordou que o Goberno Municipal sempre apostou, tal e como lle explicaron á veciñanza durante a campaña electoral, polo modelo de concesión, principalmente porque o Concello non pode asumir o custe das obras de saneamento e cambio de canalizacións.

Para a concelleira, non pode haber maior transparencia de algo que xa se falou en númerosas ocasións, cun modelo decidido dende o inicio de mandato, cunhas liñas estratéxicas claras para a elaboración dos pregos que non se lle ocultaron a ninguén e con investimentos potentes pero necesarios, controis de calidade do servizo, así como a incorporación de novas tecnoloxías e procesos de dixitalización.

Mila Castro sinalou, na súa quenda de intervención, que por parte da oposición, “a estratexia dende o inicio ata agora foi alimentar o caldo de cultivo social ata ter un argumento presuntamente cidadá. Pero a cidadanía o que quere é que lle solucionemos os problemas, que deixemos de falar tanto, e que poñamos solucións. Os veciños e veciñas teñen, neste momento, necesidades imperiosas polas múltiples roturas e outras incidencias, ou polo estado das canalizacións, algunhas de hai máis de 50 anos”.

Como ven sendo habitual, gran parte dos concelleiros seguiron o pleno telematicamente.

“Estas son as cousas que lle preocupan á nosa cidadanía”, continuou. “Que llo pregunten á veciñanza de Vite, ou á da zona Vella, ou a do noso rural. Pero xa temos explicado que isto require, sobre todo, duns recursos financieiros moi importantes. E a nosa rede de abastecemento e saneamento vai requirir dun investimento, e vóstedes sábeno, inasumbile por parte do Concello, habida conta da capacidade de endebedamento e financiación que precisariamos”, engadiu.

A continuación, Mila Castro preguntou a PP e Compostela Aberta, canto investiran durante os seus 8 anos de mandanto en auga e saneamento. “Pois investiron arredor de 4 millóns de euros”, sinalou. “De verdade vostedes cren que a este ritmo podemos salvar do desastre esa rede obsoleta que vai requirir a súa substitución?  Ou que poderemos ampliar a rede de saneamento a aqueles territorios do noso rural, non cubertos por este servizo na acutalidade? Ou reforzar os labores de conservación e mantemento das infraestruturas que temos e que contan cunha serie de problemáticas asociadas á antigüidade das mesmas, tal e como vimos repetindo ao longo destes meses?”.

Na segunda quenda interviu o alcalde. Sánchez Bugallo sinalou que “o BNG, como é habitual, predica unha cousa e fai outra”. Lembrou que en Pontevedra, Allariz e Carballo os tres contratos de xestión da auga,  son “concesionados polo Bloque, porque entendeu que era o sistema máis eficaz”. En canto a Compostela Aberta, subliñou, “reclama que fagamos en 31 meses e medio o que non fixeron eles en 48”. E recordou que este Grupo de Goberno, xa resolveu tres das cinco grandes concesións, e neste momento so faltan por licitar os servizos de auga e transporte. En canto ao PP, recordou que durante o seu mandato, no ano 2011, prorrogou o contrato de xestión da auga. “Hai recoñecer que nos concellos que goberna e gobernou nunca municipalizou un servizo”, subliñou.

Intervención de Mila Castro (pleno xestión ciclo integral da auga: 24.01.2022)

Emisión pleno 24.01.2022

Recent Posts

O alcalde anuncia que esta semana comeza a negociación orzamentaria

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, anunciou que co comezo do ano, "empezaremos coa…

3 anos ago

O rexedor pedirá unha rolda de entrevistas cos ministros do novo goberno de Pedro Sánchez para tratar os asuntos pendentes con Santiago

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, avanzou que, en canto xuren o cargo, pedirá…

3 anos ago

Sánchez Bugallo amosa o interese en chegar a acordos o máis amplos posibles cos demais grupos para sacar adiante os orzamentos

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, sinala a PP e Compostela Aberta, como as…

3 anos ago

O goberno local presenta a próxima semana a primeira parte das actuacións vinculadas ao Ano Santo

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, adiantou que o goberno municipal convocou o luns…

3 anos ago

O alcalde sinala que non caso das estatuas do Mestre Mateo se produciu unha apropiación indebida por parte da familia Franco

A Xunta de Goberno do Concello de Santiago presentará un recurso de casación ante o…

3 anos ago