Sánchez Bugallo destaca a efectividade do sistema de membranas MBR, a tecnoloxía que se vai empregar na construción da EDAR da Silvouta

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, confirmou hoxe que a tecnoloxía que se vai empregar na construción da EDAR da Silvouta é a de membranas MBR, “un sistema  que garante o maior e mellor nivel de depuración, probablemente o sistema tecnolóxico máis avanzado que existe neste momento, e o que nos vai permitir garantir a mellor calidade para o río Sar”. Para o rexedor, a EDAR de Santiago será a máis avanzada de Galicia “e a que acade os maiores niveis de de calidade nas verteduras”.

O alcalde recordou que, aproximadamente cada segundo, un metro cúbico de auga procedente do Tambre, se incorpora ao Sar. “Una cifra o suficientemente importante como para garantir o nivel máis alto posible de calidade”. Sánchez Bugallo explicou que o sistema “prevé que sexa todo en circuito pechado”, que “vai cumprir todos os parámetros de calidade esixidos por Augas de Galicia”, e que o proxecto escollido por ACUAES “é o que mellor garante o cumprimento destes obxectivos”. Outra das características, engadiu, “é que se trata da actuación que require menos espazo”, polo que “estamos satisfeitos da decisión tomada por ACUAES”.

A previsión, continuou o rexedor, é que ao longo de 2022 empecen as obras, que conclúan en 2025, e “a continuación durante un ano, a sociedade construtora terá que facerse cargo da xestión” e despois pasará a mans do Concello de Santiago.

Características do proxecto

Segundo as características do proxecto seleccionado, presentado pola empresa U.T.E. Drace Infraestructuras, SA -Vías y Construcciones SA; trátase dunha EDAR con tratamento primario e de augas de tormentas mediante decantación lamelar, tratamento biolóxico por lodos activos de membranas MBR con cámaras preanóxica, anaerobia, anóxica, facultativas e óxicas con eliminación de nitróxeno por vía biolóxica, tratamento de eliminación de fósforo por vía biolóxica e química. Con esta configuración, a planta terá capacidade para responder aos esixentes requisitos de calidade fixados pola Autorización de vertedura e contribuirá decisivamente a lograr os obxectivos de calidade ambiental fixados para a masa de auga do río Sar na súa contorna.

Por outra banda, a liña de tratamento de lodos proposta componse do espesamento dos lodos primarios e biolóxicos, a predixestión anaerobia dos mesmos, un postespesamento dos lodos dixeridos, un tratamento de hixenización mediante hidrólisis térmica intermedia e unha postdixestión para finalmente deshidratar e almacenar os lodos. Con este tratamento optimizouse energéticamente o proxecto á vez que se minimizou o volume de lodo xerado pola solución. Para un mellor aproveitamento enerxético da instalación, proxectouse unha liña de biogás que inclúe unha instalación de coxeneración que se utiliza para cubrir necesidades caloríficas de distintos procesos e xerar enerxía eléctrica para autoconsumo na planta.

Trátase dunha EDAR na que se confinaron todos os procesos xeradores de ruídos e cheiros e que presenta un deseño arquitectónico moi coidado que busca facilitar a súa integración na contorna. A execución das obras desenvolverase en diferentes fases, de forma que durante todas elas se manteñan, como mínimo, os actuais parámetros de vertedura ao rio Sar. Así, nunha primeira fase construirase na parcela contigua, situada ao norte, a instalación do futuro pretratamiento e dunha primeira liña do tratamento biolóxico.

Con estas instalacións en funcionamento, posibilitarase ir demolendo por fases a actual EDAR e construíndo a nova infraestrutura, que á súa vez se irá pondo en funcionamento secuencialmente a medida que vaia requiríndose pola demolición das antigas instalacións.

Recent Posts

O alcalde anuncia que esta semana comeza a negociación orzamentaria

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, anunciou que co comezo do ano, "empezaremos coa…

4 anos ago

O rexedor pedirá unha rolda de entrevistas cos ministros do novo goberno de Pedro Sánchez para tratar os asuntos pendentes con Santiago

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, avanzou que, en canto xuren o cargo, pedirá…

4 anos ago

Sánchez Bugallo amosa o interese en chegar a acordos o máis amplos posibles cos demais grupos para sacar adiante os orzamentos

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, sinala a PP e Compostela Aberta, como as…

4 anos ago

O goberno local presenta a próxima semana a primeira parte das actuacións vinculadas ao Ano Santo

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, adiantou que o goberno municipal convocou o luns…

4 anos ago

O alcalde sinala que non caso das estatuas do Mestre Mateo se produciu unha apropiación indebida por parte da familia Franco

A Xunta de Goberno do Concello de Santiago presentará un recurso de casación ante o…

3 anos ago