Categories: ActualidadPortadapsoe

Sánchez Bugallo creará a Fundación Banquete de Conxo para impulsar a xestión e conservación do bosque

A Fundación integrarana o Concello, a USC e o Consorcio, deixando a porta aberta a que algunha entidade máis se poida adherir

Santiago de Compostela, 14 de maio de 2023. En plena celebración da festa do Banquete de Conxo, entre “centos de veciñas e veciños desfrutando dun espazo singular e excepcional” o alcalde reafirmouse no seu compromiso pola conservación deste entorno natural anunciando a creación da Fundación Banquete de Conxo: “encargarase da preservación dun espazo de enorme riqueza natural, e servirá tamén de instrumento para despois  xestionar o futuro xardín botánico para o que xa contamos con fondos europeos”.

Integrada polo Concello, USC e Consorcio, a Fundación servirá para protexer a contorna do Sar, potenciando a conservación das árbores centenarias que compoñen o bosque do banquete: plátanos, amieiros e carballos entre outros.

Una actuación que segue a senda xa marcada co proxecto de Restauración do Ecosistema Fluvial e Creación dun Bosque da Saúde no río Sar que conta co apoio da Fundación Biodiversidad. Cun orzamento total superior ao 920 mil euros, realizarase un inventario dos recursos naturais da contorna e un estudo hidrolóxico do leito e do caudal do río Sar. Ademais, impulsaranse accións de estabilización das marxes do río, recuperación do antigo leito do Regado de Chaián e recuperarase a vexetación autóctona.

230 mil euros para o xardín botánico

A Fundación Banquete de Conxo encargarese de xestionar o xardín botánico, un dos 5 proxectos para os que se conseguiron 4,5 millóns de euros de fondos europeos. Serán 230 mil os que se destinarán á restauración fluvial do corredor ecolóxico do Sarela.

Con unha superficie de 4,43 hectáreas, o xardín botánico reforzará e restaurará o bosque autóctono de carballeira creando un “espazo de uso e desfrute da veciñanza”.

Recent Posts

O alcalde anuncia que esta semana comeza a negociación orzamentaria

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, anunciou que co comezo do ano, "empezaremos coa…

4 anos ago

O rexedor pedirá unha rolda de entrevistas cos ministros do novo goberno de Pedro Sánchez para tratar os asuntos pendentes con Santiago

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, avanzou que, en canto xuren o cargo, pedirá…

4 anos ago

Sánchez Bugallo amosa o interese en chegar a acordos o máis amplos posibles cos demais grupos para sacar adiante os orzamentos

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, sinala a PP e Compostela Aberta, como as…

4 anos ago

O goberno local presenta a próxima semana a primeira parte das actuacións vinculadas ao Ano Santo

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, adiantou que o goberno municipal convocou o luns…

4 anos ago

O alcalde sinala que non caso das estatuas do Mestre Mateo se produciu unha apropiación indebida por parte da familia Franco

A Xunta de Goberno do Concello de Santiago presentará un recurso de casación ante o…

4 anos ago