Sánchez Bugallo, convencido de que, no pleno do día 17, a oposición anteporá os intereses da cidadanía á “lexítima aspiración de desgastar o labor do goberno”

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, sinalou que a decisión que se vai tomar o mércores, no pleno extraordinario convocado para o 17 de marzo, vinculado a unha moción de confianza; é se Santiago ten orzamento ou “ten que esperar un mes para telo”. O rexedor amosouse convencido de que “os grupos municipais son responsables e anteporán  os intereses da cidadanía á lexítima e comprensible aspiración de desgastar o labor de goberno e moi especificamente ao alcalde”.

Sánchez Bugallo avanzou que o goberno municipal presentóulle os grupos da oposición, na xunta de voceiros celebrada esta mañá, “unha proposta sobre as remanentes”. Son, en total, 11 millóns de euros, “5,9 comprometidos cos acordos de novembro” e quedarían, segundo explicou Sánchez  Bugallo, outros cinco millóns de euros, “unha cifra que me parece moi relevante”, subliñou, e “espero que se poida acadar un acordo razonable, para que a utilización destes remanentes poida ser aprobada, como moi tarde, na primeira quincena de abril”.

Unha proposta aberta, explicou, sustentada sobre dous eixos, un de axudas directas de apoio ao técido económico máis castigado pola crise, principalmente comercio e hostalería, ao que “propomos destinar dous millóns de euros”; e o outro tres millóns destinados a distintas actuacións “que se deben desenvolver nesta anualidade”; entre as que estarían obras cun proxecto e un prazo de execución curto.

O rexedor avanzou que se lle vai comunicar aos grupos a previsión de actuacións que presentan un proxecto xa redactado, dispoñibilidade de terreos, e que poideran ser de licitación e execución inmediata, porque teñen que estar redactadas antes do 31 de decembro, como por exemplo, a cuberta do polideportivo do CEIP Quiroga Palacios onde a titularidade é do concello e non se depende doutras administracións. Tamén se poden incluir, engadiu, actuacións pequenas, “que se poden sacar por adxudicación directa, como obras de accesibilidade no CEIP de Vite, ou proxectos de intervención en parques infantís ou colexios que non presentan enormes dificultades técnicas”.

Sobre as subvencións directas, neste momento hai, segundo sinalou o alcalde, 933.000 euros para comercio e 749.000 para hostalería, á espera de definir se a estas convocatorias se suman os dous millóns das remanentes, “o que incrementaria significativamente as axudas. Estariamos en mellores condicións de atender as solicitudes”. Para Sánchez Bugallo, o mellor é que se resolvera nunha soia convocatoria, “unha axuda de supervivencia” na que se subvencionaría gasto corrente.

Iso foi, precisamente, o que se lle plantexou ás asociacións de comerciantes, na reunión mantida esta mañá. “Os comerciantes”, segundo confirmou o rexedor ao remate da reunión, “prefiren espera quince días” e que se realice só unha convocatoria. Explicou que tamén lle plantexaron algúns cambios, que se van incluir, confirmou Sánchez Bugallo, na proposta que se lle trasladará a próxima semana.

A maiores, no verán, segundo indicou o rexedor, habería outra convocatoria de “axudas á competitividade”, destinada a investimentos. O alcalde confía na boa vontade dos demais grupos, para “antes de final de mes, ter este tema resolto”.

O alcalde recordou que a aprobación dos remanentes e dos orzamentos son “paralelas pero distintas”. A dos remanentes, “se pode ser, irá ao pleno ordinario do 25 de marzo; e se non probablemente fagamos un pleno extraordinario na primeira quincena de abril para a súa aprobación”. Sobre os orzamentos, irán a sesión plenaria o vindeiro mércores, día 17, vinculados a unha moción de confianza.

Covid-19

O alcalde amosouse preocupado polo dato de festas en pisos desta fin de semana, que ascenderon a quince. “É un paso atrás”, sinalou, que xa se prevía coa chegada dos estudantes. Pero “temos que controlarnos”. Afirmou que as 15 serán denunciadas e propostas para sanción.

Sánchez Bugallo fixo un chamamento á prudencia en vésperas da ponte de San Xosé, para que non “se repoduza o acontecido o pasado Nadal”. Sánchez Bugallo recordou que a evolución dos datos de contaxios por covid-19, é descendente. Onte había 42 casos activos, “o mellor dato desde agosto, cunha certa disminución”, Pero, indica, “temos que procurar que esta tendencia non se rompa” e non volver atrás.

Sobre a ampliación de horarios en hostalería, subliñou que depende do Comité Clínico, pero esta evolución, “moito mellor que hai un mes”, non quere dicir que debamos descoidar as medidas de seguridade e responsabilidade. Ao revés, temos que mantelas, porque sabemos que o deterioro pode ser moi rápido e a recuperación da seguridade é un proceso máis lento e máis doloroso”.

Saberase, reiterou o alcalde, “se as 152 persoas que están en lista de espera pera recibir o servizo de atención no fogar, o SAF, poderán ser atendidas a partir de abril, ou terán que esperar a maio; ou se o persoal e os usuarios teñen que esperar a maio para que se resolva a súa situación ou quedará resolta en abril; ou se determinados planes vinculados ao plan de calidade en destinos turísticos se poden por en marcha o mes que ven, ou deberán esperar un mes máis”. “Non teño dúbida que os grupos municipais priorizarán o interese da cidadanía

Recent Posts

O alcalde anuncia que esta semana comeza a negociación orzamentaria

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, anunciou que co comezo do ano, "empezaremos coa…

4 anos ago

O rexedor pedirá unha rolda de entrevistas cos ministros do novo goberno de Pedro Sánchez para tratar os asuntos pendentes con Santiago

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, avanzou que, en canto xuren o cargo, pedirá…

4 anos ago

Sánchez Bugallo amosa o interese en chegar a acordos o máis amplos posibles cos demais grupos para sacar adiante os orzamentos

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, sinala a PP e Compostela Aberta, como as…

4 anos ago

O goberno local presenta a próxima semana a primeira parte das actuacións vinculadas ao Ano Santo

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, adiantou que o goberno municipal convocou o luns…

4 anos ago

O alcalde sinala que non caso das estatuas do Mestre Mateo se produciu unha apropiación indebida por parte da familia Franco

A Xunta de Goberno do Concello de Santiago presentará un recurso de casación ante o…

4 anos ago