Sánchez Bugallo considera que as medidas da Xunta supoñen un “mazazo” para o sector hostaleiro e anuncia a ampliación do decreto que regula o uso de terrazas

O alcalde Xosé Sánchez Bugallo anunciou que o concello ten previsto publicar mañá venres a ampliacion do decreto destinado á hostalería, co obxectivo de habilitar como espazo de terraza, prazas destinadas a aparcamento de vehículos. Novas normas, dentro das competencias do goberno municipal, para paliar a situación de crise do sector que agora se vé agravada coas medidas adoptadas pola Xunta de Galicia para Santiago a causa da evolución dos contaxios por COVID-19, e publicadas onte no DOG.

O rexedor considera que estas medidas supoñen un “mazazo para a hostalería”. É un sector, sinala, “que xa fora duramente golpeado con todas as restriccións que se viñeran adoptando ao longo do tempo, coa reducción de aforos, e agora, engade, “a decisión de que poden servir só na terraza plantexa un problema moi severo”. Recorda Sánchez Bugallo que desde o Concello emitiuse un decreto que facilitaba o aumento do espazo no exterior dos locais, ou a introdución de elementos como mamparas ou calefactores. “Iso ímolo ampliar agora e avaliar a posibilidade de ocupar prazas actualmente utilizadas para o estacionamento de vehículos”.

O obxectivo, continuou, “é habilitar fórmulas para que en determinadas ocasións” e estudando caso a caso, “se poidan habilitar terrazas provisionalmente durante este tempo en zonas reservadas para o estacionamento”. O alcalde espera sacar o decreto mañá venres, “ampliando o anterior”, co obxectivo, na medida do posible, de “paliar os efectos máis negativos” que poida ter a orde da Xunta co relación ao sector; e ao mesmo tempo, “dando cumprimento a todas as medidas de seguridade que se establecen”. O periodo de vixencia, explica, é posible que supere os 14 días, porque pensa, as medidas van durar máis de dúas semanas.

Sobre a liña de axudas publicada para hostalería, sinalou que está pendente de asinala, unha vez coñecida a resolución da comisión de avaliación reunida onte. Unha vez que entre en vigor o decreto, os locais de hostalería beneficiados poderían empezar a presentar a documentación, para facelas efectivas, porque, afirma o alcalde, “queremos empezar a pagalas antes dun mes”.

Sánchez Bugallo realizou estas declaracións desde o concello, despois de reunirse co comisario da Policía autonómica, Jorge M. Rubal Pena; nun encontro no que tamén estivo o concelleiro de Seguridade Cidadá, Gonzalo Muiños, e nun día no que se acadaron en Santiago os 388 casos positivos por cen mil habitantes.

Onte mesmo, o alcalde defendía que o concello está axudando “en todo o que pode aos sectores máis castigados polas restriccións. Pero, engadiu, “sería razoable que as administracións que dictasen as resolucións, se responsabilicen das consecuencias económicas. Efectivamente deben de ser a Xunta e o Estado que, se toman decisións así, dalgunha maneira son os que teñen que tomar medidas para compensalas”.

Recent Posts

O alcalde anuncia que esta semana comeza a negociación orzamentaria

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, anunciou que co comezo do ano, "empezaremos coa…

4 anos ago

O rexedor pedirá unha rolda de entrevistas cos ministros do novo goberno de Pedro Sánchez para tratar os asuntos pendentes con Santiago

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, avanzou que, en canto xuren o cargo, pedirá…

4 anos ago

Sánchez Bugallo amosa o interese en chegar a acordos o máis amplos posibles cos demais grupos para sacar adiante os orzamentos

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, sinala a PP e Compostela Aberta, como as…

4 anos ago

O goberno local presenta a próxima semana a primeira parte das actuacións vinculadas ao Ano Santo

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, adiantou que o goberno municipal convocou o luns…

4 anos ago

O alcalde sinala que non caso das estatuas do Mestre Mateo se produciu unha apropiación indebida por parte da familia Franco

A Xunta de Goberno do Concello de Santiago presentará un recurso de casación ante o…

3 anos ago