Os socialistas defenden a rehabilitación integral da Casa da Xuventude

  • No anteproxecto que presentaron este mércores o edificio “baixa a súa altura, intégrase no Matadoiro, ábrese a Belvís e mantense un equipamento público en pleno centro histórico”
  • Pedirán explicacións no pleno de mañá ao concelleiro de Urbanismo “casualmente o autor do proxecto de ‘ghalpón’ polo que Sanmartín quere tirar esa casa” censurou Muíños

Santiago de Compostela, 29 de novembro de 2023. “O que denunciamos é que a alcaldesa non poña todas as alternativas enriba da mesa” censurou o portavoz do Grupo Socialista que, esta mañá, compareceu en rolda de prensa xunto a edil Mercedes Rosón para explicar o anteproxecto que a Deputación da Coruña presentou ao goberno para acometer a rehabilitación integral da Casa da Xuventude.

Muíños ironizou que o “secretismo” co que o bipartito manexa este tema podería deberse a que “ao ver o proxecto e como podería quedar a casa despois da rehabilitación, alguén podería pensar que non queda mal”.

Convencidos da transformación que podería supor o proxecto de remodelación que se acordou coa Deputación durante o mandato socialista, pedirán mañá explicacións ao concelleiro responsable nunha comparecencia no pleno da corporación. Defende o portavoz que, ademais da mellora visual que suporía a intervención “facendo un edificio máis amigable coa súa contorna, conservaríase “un equipamento de 2.500 metros cadrados, con auditorio para 400 persoas, sala de usos múltiples para as asociacións e en pleno centro histórico”.

Menos altura e apertura a Belvís

Mercedes Rosón insistiu en que o proxecto contempla tamén a creación dun acceso directo a Belvís, habilitando un paso a través do cancelón e gañando espazo ao gran hall do edificio cuns soportais que ampliarían a entrada ao parque. Tamén se reduce a altura da fachada na zona orientada ao Matadoiro “mudando completamente a súa imaxe”.

A edil socialista amosouse especialmente crítica coa actitude de Compostela Aberta nun “clamaroso silencio” ante esta decisión do BNG, logo de que María Rozas asegurase aos colectivos sociais que eran usuarios da Casa da Xuventude que se CA tiña responsabilidades de goberno, “nunca nunca nunca” apoiarían a derruba da Casa da Xuventude . Un silencio “imposto ou autoimposto” que, critica, amosa “que o que diga CA, aínda estando no goberno, non é garante de nada”.

Queremos que o autor do proxecto do ‘ghalpón’ polo que Sanmartín quere tirar esa casa explique por que se toma esta decisión”

Desde as filas socialistas amósanse moi críticos con que o proxecto polo que a alcaldesa “quere tirar” a Casa da Xuventude sexa “casualmente” da autoría do seu concelleiro de Urbanismo, Iago Lestegás.

Entre acusacións de negarlle á cidadanía “un debate honesto” con toda as opcións enriba da mesa, Rosón cuestiona que este “oscurantismo e secretismo” veña da man do BNG e CA “totalmente contraditorio co quepregoaban cando eran grupos da oposición”.

Reclama claridade a edil socialista tamén do BNG “xa que no pleno de abril da Deputación, o seu grupo provincial votou a favor deste convenio”: “pedimos a comparecencia do concelleiro para  poñer luz e taquígrafos sobre as decisións tomadas e que todos os grupos municipais mostren a súa posición respecto do futuro da Casa da Xuventude”.

Recent Posts

O alcalde anuncia que esta semana comeza a negociación orzamentaria

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, anunciou que co comezo do ano, "empezaremos coa…

4 anos ago

O rexedor pedirá unha rolda de entrevistas cos ministros do novo goberno de Pedro Sánchez para tratar os asuntos pendentes con Santiago

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, avanzou que, en canto xuren o cargo, pedirá…

4 anos ago

Sánchez Bugallo amosa o interese en chegar a acordos o máis amplos posibles cos demais grupos para sacar adiante os orzamentos

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, sinala a PP e Compostela Aberta, como as…

4 anos ago

O goberno local presenta a próxima semana a primeira parte das actuacións vinculadas ao Ano Santo

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, adiantou que o goberno municipal convocou o luns…

4 anos ago

O alcalde sinala que non caso das estatuas do Mestre Mateo se produciu unha apropiación indebida por parte da familia Franco

A Xunta de Goberno do Concello de Santiago presentará un recurso de casación ante o…

4 anos ago