Categories: ActualidadPlenos

O pleno do concello de Santiago respalda a manifestación do 9 de febreiro a favor dunha sanidade pública e de calidade

O pleno do concello de Santiago de Compostela, que comezou cun minuto de silencio polas vítimas de crimes machistas, amosou o seu apoio á manifestación convocada por SOS Sanidade pública o vindeiro 9 de febreiro; en contra do desmantelamento e peche de servizos nos hospitais da área de Compostela; a favor de dotar aos Centros de saúde de persoal para garantir unha atención accesible e de calidade; de revisar os concertos cos hospitais e clínicas privadas para elminiar aqueles que non sexan necesarios, tal e como dispón a Lei Xeral de Sanidade; de reducir as listas de espera tanto para consultas como para intervencións cirúrxicas; de dotar de maiores recursos ás áreas sanitarias; de rematar coas politicas de privatización de recursos sanitarios e de derivar a pacientes a clínicas privadas de xeito innecesario; de desenvolver un Plan de Mellora de Atención Primaria, da Sáude Metnal e de Atención á Saúde das Mulleres; de rematar coa precariedade e explotación laboral do persoa dos servizos de saúde, e de comunicar á moción á Consellería de Sanidade.

Defendeuna a concelleira de Políticas Sociais e Saúde. Mila Castro enumerou as carencias do sistema sanitario, falou do seu desmantelamento, e describiu a situación na que se atopa a sanidade galega: longas listas de espera, escaseza de persoal, etc. Por todo iso xustificou o seu apoio á manifestación do 9 de febreiro e á moción presentada por BNG. O PP votou en contra.

Ao comezo do pleno, interviu Xosé María Dios, de SOS Sanidade Pública, apoiando esta moción. E tamén se pronunciaron José Rioseco e Luis Ferrer, a favor da construcción dunha piscina municipal en Sta. Marta, outra das mocións aprobadas.

PROPOSTAS

Aprobouse unha modificación extraordinaria de crédito, de 800.000 euros para atender as obras de mellora do Camiño Francés ao seu paso pola rúa Concheiros. Tan só se abstivo Compostela Aberta.

Tamén se aprobaron, está vez por unanimidade, as propostas referidas á adhesión do concello á Asociación de Concellos do Camiño Fisterra-Muxía, e á Asociación de Concellos Camiño da Ría de Muros-Noia. Os grupos da corporación acordaron que o Concello se integrarse en ambas entidades como socio-fundador; aprobar a proposta de estatutos para a súa constitución; e designar ao concelleiro Sindo Guinarte como representante do concello de Santiago en ámbalas dúas asociacións.

PROPOSICIONS

A primeira proposición que se votou foi a de Compostela Aberta para impulsar unha comisión de colaboración e seguimento entre o Concello de Santiago e a USC que, liderada polo alcalde e o reitor, e contando coa representación de todos os grupos muncipais, aproveite ao máximo as sinerxias e potencie o traballo conxunto de ambas institucións. Tamén defendeu que cada un dos convenios que se asine, terá as súas comisións de seguimento, de aí o texto da emenda.

Foi enmendada polo PSOE, acotando a representación municipal ás cuestións relativas aos acordos que sexan competencia do Pleno da Corporación. Tamén foi emendada polo BNG, engadindo que ese traballo conxunto se canalice para recuperar a residencia para a poboación, reducindo coches en superficie e levando a cabo o proxecto dun aparcadoiro subterráneo no Campus Vida. Aprobouse coa votos de CA, PP e BNG. O Grupo Socialista abstívose. Sindo Guinarte, concelleiro de Relacións Institucionais sinalou que se está elaborando un protocolo Concello-USC, que recolle gran parte das propostas da proposición.

A segunda proposición, do BNG que instaba ao concello a pór en marcha a tarxeta cidadá para o pagamento e bonfiicación de servizos e axudas muncipais, transformouse en declaración institucional.

Non saiu adiante a proposición do PP, na solicitaba que por parte corerspondente órgano do concello de Santiago se deran os pasos necesarios para facer efectivo o acordo do pleno do 24 de novembro de 2011 para conectar o parque de Belvís coa Porta do Camiño mediante o derrubo do edificio que alberga a Casa da Xuventude. E que o Consorcio iniciara un plan de actuacións para rehabilitar a contorna da Praza do Matadoiro e impulsar en paralelo un plan de mellora urbana das traseiras da rúa de San Pedro. Defendeuna a concelleira de Urbanismo e Cidade Histórica. Mercedes Rosón xustificou o voto en contra do PSdeG, no uso social e cultural que presta o edificio e que no sei día, cando foi constriído, impediu a especulación urbanística na zona de Belvís. Explicou que por iso apostaban por manter a Casa da Xunventude, na que están previstas tres actuacións: a reparación das cubertas, a mellora da fachada, e a apertura dun paso cara o parque de Belvís. CA tamén se posicionou en contra e o BNG abstívose.

O grupo socialista tamén se posicionou en contra da proposición do PP, na que instaba ao órgano correspondente do concello, a cuantificar a indemnización que, en caso de rescate, lle correspondería aos concesionarios dos aparcadoiros públicos da Praza de Galicia e da Praza de Vigo.

A última proposición, de Compostela Aberta fmde protección do pequeño comercio na Cidade Histórica, foi aprobada por unanimidade despois de introducir unhas pequeñas modificacións. Nela instaba ao concello a estudar como se pode levar a cabo unha moratoria na apertura de tendas de souvernirs para turistas; iniciar a tramitación dunha ordenanza reguladora para a protección do comercio tradicional e de proximidade da zona vella, dacordo co “Plan estratéxico do comercio do Concello de Santiago de Compostela 2017-2021”; impulsar un plan de dinamización do comercio na zona vella que favoreza o comercio tradicional e de proximidade; e crear un observatorio do Comercio para toda a cidade. O Grupo de Goberno comprometeuse a redactar unha ordenanza ao respecto que tamén recolla a emenda do BNG, relativa á creación dunha ordenanza de protección e conservacióni de establecementos emblemáticos, tanto comerciais como hostaleiros históricos, para non perder a identidade de Compostela.

ROGOS

No capítulo de Rogos, o BNG solicitou a realización dun plan de mellora da sinalización dos pasos de peóns para contribuír a reducir o número de accidentes en Santiago. O concelleiro de Tráfico, Gonzalo Muíños, explicou as medidas que se están levando a cabo.

Tamén, o BNG, pediu a realizacion dunha campaña informativa para crear bos hábitos que favorezan a recollida de residuos. A concelleira de Medio Ambiente, Mila Castro, sinalou que se está traballando para realizar esa campaña de sensibilización.

O grupo nacionalista tamén soilcitou unha solución para evitar que os vehículos mal estacionados impidan o acceso á zona habilitada como aparcadoiro na contorna do centro de saúde de Fontiñas. Gonzalo Muíños apostou por unha reordenación das prazas de aparcamiento.

Desde Compostela Aberta, pediron o acondicionamento dun pequeno espazo na rúa de Amio, no lateral do viario, para que as persoas usuarias do autobús que utilizan a parada poidan agardar con comodidade e sen xerar situacións de risco para o tráfico, ao que Gonzalo Muíños respondeu que así se faría unha vez se aproben os orzamentos.

O primeiro rogo do Grupo Popular foi para solicitar a mellora das dotacións públicas da zona de Santa Marta, en especial no referido a papeleiras, renovación e ampliación de colectores de lixo, pulido de bordes das beirarrúas e habilitación dun espazo públicao para a estancia e lecer da poboación infantil. O concelleiro de Barrios e Obras, Javier Fernández, sinalou que coñecían a situación, xa que tiñan mantido varias reunións cos veciños, e que a intención era atender todas estas peticións “na medida do posible, ao longo do ano”.

O PP tamén solcitou unha homenaxe para lembrar o 70 aniversario do accidente do autobús do club santiagués Iberia Sporting, na memoria de todas as persoas que o 29 de xaneiro de 1950 perderon a súa vida nas proximidades da rúa Pombal ao arder o autobús no que viaxaban, e das merectrices que arriscaron as súas vidas para salvar aos xogadores. Sindo Guinarte sinalou que se trata sin feito que se conserva na memoria colectiva, e que se levará á Comisión de honras e distincións.

Tamén o PP pediu, en coordinación co Decanato do Xulgado das Fontiñas e os Colexios de Avogados e Procuradores, a habilitación de prazas de aparcamento exprés para facilitar a realización de trámites pola cidadanía nestas instalacións xudiciais. Unha petición que o Grupo de Goberno vai estudiar.

Pola súa banda, Compostela Aberta solicitou o reforzo dos servizos d dos turnos de limpeza no barrio das Fontiñas, co fin de retirar os numerosos plásticos que, din, hai actualmente. Mila Castro respondeu que prestarán atención a este asunto, como se está facendo ata agora.

Outro rogo de Compostela Aberta foi o referido a que se estude a posibilidade de establecer unha parada que mellora as condicións de accesibilidade para as persoas usuarias do Centro de Saúde de Galeras, unha posibilidade que o concelleiro Gonzalo Muíños se comprometeu a estudar.

PREGUNTAS ORAIS

A primeira pregunta oral foi a relativa á revisión do muro da Alameda e outros puntos de risco no termo municipal. Presentouna Compostela Aberta, quen preguntou polos informes e inspeccións solicitadas polo actual goberno. Tamén interpelou ao goberno local sobre as conclusións que obtivbo da revisión da Carballeira de Santa Susana, despois do incidente da Carballeira de San Lourenzo; e sobre outras medidas de inspección ante posibles situacións de risco.

O BNG pregunto sobre as previsións para arranxar e recuperar o funcionamento das fontes ornamentais de Santiago, e sobre o seu mantemento. Xa se está traballando nas da Alameda, e o Consorcio encargarse das da Praza de Cervantes e da do Toural.

Tamén se interesou o grupo nacionalista sobre as previsións do gobern local para realizar a convocatoria de proxectos do Fondo Galego de Cooperación neste 2020.
Sindo Guinarte explicou que nos novos orzamentos se destinan 120.000 euros a proxectos de cooperación por concurrencia competitiva.

Pola súa banda, o PP preguntou sobre a situación na que se atopar a parcela pública de conexión entre as rúas Roma e Luxemburgo, por onde discorre a pasarela de conexión entre os centros educativos de infantil e primaria das Fontiñas e sobre o tránsito nesa zona. Trasladarémoslle á Xunta a que ese espazo sexa cedida para uso educativo.

Outra interpelación dos populares foi a referida as medidas de seguridade no parque infantil de Galeras, que a concelleira Mila Castro se comprometeu a estudar.

O PP tamén preguntou sobre o cambio na malla de protección na rúa de Tras Santa Clara, para garantir a seguridade. O concelleiro de Barrios e Obras, Javier Fernández, respondeu que “estamos buscando a mellor solución posible”, pero, afirmou, “á varanda á que se refiren é a mesma que a do ano 2011, cando vostedes comezaron o seu mandato neste concello. Só que daquela non tiña malla de protección, e polo tanto ofrecía moita máis inseguridade”.

Compostela Aberta tamén preguntou sobre a activación da App municipal contra as violencias machistas. Noa Díaz respondeu que desde a empresa lle trasladaron que non estaba lista, que “faltaban cuestións técnicas” e que cando estea lista procederase ao estudo da súa activación.

E outra pregunta de CA, sobre a reapertura do espazo educativo e de lecer “María Miramontes”, da ludoteca de Fontiñas. Noa Díaz explicou que non hai data reapertura porque depende da súa licitación. Unha das causas de ralentización foi que no anterior PREGO non se contemplaba o servido de conserxería e limpeza

Taméns e interesou Compostela Aberta sobre o novo contrato de recollida de residuos sólidos urbanos e limpeza viaria. Mila Castro respondeu que neste momento estase elaborando o estudo de viabilidade económica, que se prevé estea finalizado en febreiro. A data de licitación, estima que será en abril deste ano.

A única interpelación, do PP, foi a referida á adxudicación do servizo de catering do contrato de comedores. Noa Díaz adiantou que a nova empresa adxudicataria comezará a prestar o servizo o 3 de febreiro.

MOCIONS

Todos os grupos, excepto o PP, se amosaron a favor da moción do BNG de apoiar a manifestación convocada por SOS Sanidade pública o vindeiro 9 de febreiro; de esixir o desmantelamento e peche de servizos nos hospitais da área de Compostela; de dotar aos Centros De saúde de persoal para garantir unha atención accesible e de caldiade; de revisar os concertos cos hospitais e clínicas privadas para elminiar aqueles que non sexan necesarios, tal e como dispón a Lei Xeral de Sanidade; de reducir as listas de espera tanto para consultas como para intervencións cirúrxicas; dotar de maiores recursos ás áreas sanitarias; rematar coas politicas de privatización de recursos sanitarios e de derivar a pacientes a clínicas privadas de xeito innecesario; de desenvolver un Plan de Mellora de Atención Primaria, da Sáude Metnal e de Atención á Saúde das Mulleres; de rematar coa precariedade e explotación laboral do persoa dos servizos de saúde, e de comunicar á moción á Consellería de Sanidade. Defendeuna a concelleira de Políticas Sociais e Saúde, Mila Castro, enumerou as carencias do sistema sanitario, falou do seu desmantelamento, e describiu a situación na que se atopa a sanidade galega: longas listas de espera, escaseza de persoal, etc. Por todo iso xustificou o seu apoio á manifestación do 9 de febreiro.

Sobre a moción do BNG, de recuperar o patrimonio galego que se atopa no Museo Arqueológico Nacional, foi emendada polo PSdeG, co obxectivo de impulsar un acordo entre o Goberno central e a Xunta de Galicia, para a cesión dese patrimonio; e instar ao executivo galego a dotar de equipamento e dos recursos materiais e humanos que garanta na preservación deste patrimonio. Defendeuna a concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón. Só votou en contra o PP.

Compostela aberta presentou unha co obxectivo de instar á Xunta de Galicia a desenvolver unha liña de atención urxente ás bibliotecas municipais que posibilite a recuperación, permanencia e reactivación dos espazos municipais dedicados ao fomento do libro e lectura que atenda a recoller e divulgar a memoria do patrimonio oral das cidades, vilas e pobos de toda Galici “foi este Goberno quen impulsou ante a Xunta de Galicia a migración de todas as bibliotecas do programa Meiga (que estaba totalmente desfasado) ao programa KOHA; que como ben sabe, é un sistema integrado de xestión de bibliotecas con código aberto.Polo tanto, este sistema é unha oportunidade para que calquera veciña ou veciño poida buscar libros que se atopen en calquera da bibliotecas da Comunidade Autónoma, e recollelos despois na biblioteca que solicite”. Sobre a segunda parte, de instar ao órgano de goberno competente do Concello de Santiago a elaborar un informe que posibilite a planificación estratéxica da Rede Municipal de Bibliotecas José Saramago no que se inclúa un apartado específico que propoña un proceso de recuperación, recollida, dixitalización e arquivo da memoria oral das parroquias e barrios de Compostela, Javier Fernandez lembrou que no ano 2010 e 2011, o grupo de goberno (PSOE-BNG), levou a cabo o programa “A historia vai por barrios”. A través deste proxecto, mantivéronse reunións coa veciñanza nos barrios e parroquias. Como resultado, dixitalizáronse miles de fotos e documentos. A continuación, todo este material expúñase no centro sociocultural de cada unha das zonas. O concelleiro foi contundente: “vostedes, cando gobernaban, tiveron a oportunidade de continuar co proxecto. Pero non o fixeron. Agora, a nosa intención e volver poñer en valor esta iniciativa tan ben acollida no seu momentos pola cidadanía”. Votouse por puntos. O primeiro, relativo á Xunta, foi recitado. O segundo sobre un informe de planificación, aprobouse. O PSOE abstívose nos dous puntos.

Aprobouse por unanimidade a petición dunha acción coordinada que contribúa a regular os fluxos turisticos na contorna da catedral. Aceptouse a emenda do PSOE, para colaborar coa Catedral mesa regulación. Defendeuna Sindo Guinarte e o alcalde, que sinalou que o que más lle preocupa é á afluencia de persoas na Praza de Praterías, na Porta Santa, e os viaxes parroquias, e por iso di, se precisa a colaboración da igrexa.

Tamén o PP, presentou unha moción sobre o apoio ao Consorcio nos orzamentos do Estado para 2020. O alcalde, Xosé Sánchez Bugallo explicou que que sí houbo unha reducción progresiva dos fondos do Estado e da Xunta que se destinan al Consorcio. O rexedor defendeu a postura de que teñen que ser os dous organismos os que incrementen o seu apoio. Aprobouse coa votos a favor do PP e do BNG e as abstencións de PSOE e CA.

Outra das moción, esta vez de Compostela Aberta, emendada por BNG e PP, foi a relativa a instar ao Ministerio de Transporte a realizar actuacións urxentes para o equilibrio territorial e pendentes en Santiago. alcalde explicou a fase na que se atopan, neste momento, as obras do orbital, orbitaliño e Intermodal, e asuntos como a humanización da rotonda de Conxo, xa comprometida, entre outras actuacións. As emendas non se aceptaron, pero foi aprobada por unanimidade.

O penúltima moción, do PP, instando ao goberno do estado a aboar a débeda pendente con Galicia, foi respondida por Sindo Guinarte. Sinalou que esta é unha situación creada polo goberno popular de Mariano Rajoy sen que a Xunta alegara nada durante esa época; que afecta a todas as comundiades autonómas, polo que non é un agravia cara Galicia como sostén o PP; que o PSOE intentou solucionalo nos orzamentos do 2019, rexeitados polos populares; que precisamente o goberno está cumplindo coa lexislación vixente, herdada do PP; e que a solución a ese problema herdade debe facerse no marco dos orzamentos de 2020 ou vía reforma do sistema de financiación autonómica, que agora está desfasado. O alcalde sinalou que, independentemente do resultado, hai unha débeda con Galicia que debe ser pagada. Aprobouse a moción votada por puntos. O primeiro e o tercero foi aprobado por unanimidade. O segundo aprobouse coa votos do PP.

Tamén foi aprobada a moción de CA, para a construción dunha piscina en Santa Marta, que forme parte dun complexo multiusos. Votouse por puntos, con unanimidade no 1 e no 3, e coa abstención do PSOE no número 2. Defendeuna a concelleira de Deportes, Esther Pedrosa, quen defendeu a necesidade de construír ese complexo deportivo.

Tamén houbo unanimidade nas mocións do BNG para a celebración do día de Rosalía, e para divulgar o legado de Isaac Díaz Pardo no centenario do seu nacemento.

Sobre a moción para a celebración do día de Rosalía, solicita a sinalización dun roteiro permanente e información da súa vinculación coa cidade, que o concello actúe como mecenas da Casa de Rosalía de Castro, e que proceda á limpeza da escultura da Alameda, o goberno local.

Recent Posts

O alcalde anuncia que esta semana comeza a negociación orzamentaria

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, anunciou que co comezo do ano, "empezaremos coa…

4 anos ago

O rexedor pedirá unha rolda de entrevistas cos ministros do novo goberno de Pedro Sánchez para tratar os asuntos pendentes con Santiago

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, avanzou que, en canto xuren o cargo, pedirá…

4 anos ago

Sánchez Bugallo amosa o interese en chegar a acordos o máis amplos posibles cos demais grupos para sacar adiante os orzamentos

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, sinala a PP e Compostela Aberta, como as…

4 anos ago

O goberno local presenta a próxima semana a primeira parte das actuacións vinculadas ao Ano Santo

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, adiantou que o goberno municipal convocou o luns…

4 anos ago

O alcalde sinala que non caso das estatuas do Mestre Mateo se produciu unha apropiación indebida por parte da familia Franco

A Xunta de Goberno do Concello de Santiago presentará un recurso de casación ante o…

4 anos ago