Categories: ActualidadPlenos

O pleno do concello de Santiago aproba por unanimidade destinar 1,14 millóns de euros procedentes do superavit a gasto social

O pleno extraordinario do concello de Santiago aprobou por unanimidade o expediente de crédito extraordinario nº 2020-crext-03 por importe de 1.145.754,55 euros, financiado co remanente líquido de tesourería para gastos xerais do concello do exercicio 2019, coa finalidade de atender o atender gasto social derivado do estado de alarma. Era o punto 5 da orde do día, defendido polo alcalde de Santiago. Xosé Sánchez Bugallo agradeceu o apoio aos tres grupos da oposición, e destacou que “non hai concello algún que nos iguale”, en gasto social e en medidas destinadas a paliar os efectos da crise sanitaria.

A habilitación do crédito extraordinario de 1.145.754,55 euros, que procede dos 11,7 millóns de superavit, que quedaría da seguinte forma:

Gasto total capítulo II: 238.694,15 euros

-Servizo de atención ás persoas sen fogar (servizo de limpeza): Crédito definitivo: 4.000 euros.
-Servizo de atención ás persoas sen fogar (servizo de vixilancia e seguridade): Crédito definitivo: 13.600 euros.
-Servizo de atención ás persoas sen fogar (póliza de seguro): Crédito definitivo: 200 euros.
-Servizo de atención ás persoas sen fogar. Crédito definitivo: 169.566,55 euros.
-Servizo temporal e extraordinario de axuda no fogar durante o estado de alarma: Crédito definitivo: 51.327,60 euros.

Gasto total capítulo IV: 907.060,4 euros

-Programa de adquisición de alimentos e produtos de hixiene básicos para persoas en situación de vulnerabilidade social. Crédito definitivo: 815.850 euros.
-Servizo de comedor aos nenos e nenas beneficiarias das bolsas de comedor. Crédito definitivo: 82.500 euros.
-Subministración de medicamentos a persoas en situación de vulnerabilidade social. Crédito definitivo: 6.000 euros.
-Servizo de bono datos (corresponde 70 liñas de telefonía móbil con bonos de datos de 60 GB para facilitar a aprendizaxe de determinado alumnado de Primaria do Concello de Santiago de Compostela durante os meses de maio e xuño). Crédito definitivo: 2.710,04 euros.

Esta cantidade de 1.145.754,55 euros procede da liquidación do orzamento de 2019. Nesa liquidación dedúcese que o concello tería unha capacidade de gasto adicional de 13.710.957,62 euros. Desta cantidade, de acordo co informe do departamento de Intervención, 6.714.898,55 quedan bloqueados, ao ser o cálculo de previsión de minoración de ingresos ao longo do ano 2020. A maiores, o departamento de intervención, constata que desde que comezou a crise sanitaria se efectuaron gastos extraordinarios por importe de 1.533.918,79 euros que deben ser provisionados. A parte que quedaría dispoñible sería 5.728.772,73 euros. De acordo co decreto do Estado de Emerxencia, o Concello pode dispor de 1.145.754,55 euros para gastos sociais derivados do Estado de Emerxencia. Este 1.145.754,55 euros non é aplicable ao gasto xa producido. É aplicable aos gastos contabilizado a partir de agora, nos capítulos II e IV arriba desglosados.

Tamén se aprobou, cos votos a favor do Grupo Municipal socialista, e abstención do resto da oposición, a aprobación do expediente de crédito extraordinario nº 2020-crext-02 de 439.372,1 euros, financiado co remanente líquido de tesouraría para gastos xerais do cocnello do exercicio 2019, e o recoñecemento extraxudicial de créditos para aprobar gastos rexistrados na conta 413 (por importe de 342.934,61 euros) e os pagos pendentes de aplicar na conta 555 (por importe de 96.473,49 euros).

Defendeuno a concelleira de Economía. Marta Abal destacou que despois da aprobación da liquidación do exercicio de 2019, mediante decreto do 22.04.2020, o importe a aplicar como destino do superávit do grupo consolidado do Concello de Santiago de Compostela ascende á cantidade de 11,7 millóns de euros. Fixado o importe do superávit, sinalou “hai que aprobar o seu destino de conformidade co disposto na normativa de referencia, en particular na Lei de Estabilidade Orzamentaria e Sustentabilidade Financeira”

Ese primeiro destino, expuxo, é a débeda comercial, “en concreto facer fronte as obrigas pendentes e aos pagos pendentes de aplicar ao orzamento a 31 de decembro de 2019″. Eas obrigas (saldo da conta 413), ascenden a 597.412, 88 euros, o que supón, segundo a concelleira, ” un importante descenso con respecto aos últimos anos rexistrados”, concretamente un – 66,34 % menos que no 2018, un – 68,40 % menos que no 2017 e un – 39,21 % que no 2016. Un dato que reflicte destacou Marta Abal, “unha mellora importante na xestión municipal a ter en conta”.

Neste modificativo proponse un crédito extraordinario por importe de 342.934, 61 euros para facer fronte á relación de facturas que non se puideron pagar a 31 de decembro de 2019. A razón común pola que no se puideron pagar é, segundo explicou a concelleira “a insuficiencia/ausencia de crédito para facerlles fronte”, en algúns casos, e noutros, porque “pola data na que se realizaron os gastos e/ou se tramitaron as facturas non había marxe para elevar a este pleno o oportuno modificativo de crédito”. Destas facturas destacou unha de máis de 81.000 euros que corresponde ás actuacións de emerxencia que houbo que acometer en diferentes muros da cidade a consecuencia das fortes choivas sufridas a finais do ano 2019.

Polo importe restante de 245.487,27 euros non se a habilitou crédito. Este importe corresponde, explicou Marta Abal, a unha factura por importe de 36.568,63 euros que non é posible levar a recoñecemento extraxudicial de habilitación de crédito para a súa aprobación, aoestar completándose o expediente administrativo de tramitación do gasto desde o centro xestor; e a unha indemnización por importe de 194.334 de principal e 23.575,64 de intereses fixada polo TSXG, “na que se está a analizar a decisión que definitivamente se adopte á vista dun recente informe do Consello Consultivo de Galicia sobre o asunto afectado”, engadiu.

Recent Posts

O alcalde anuncia que esta semana comeza a negociación orzamentaria

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, anunciou que co comezo do ano, "empezaremos coa…

4 anos ago

O rexedor pedirá unha rolda de entrevistas cos ministros do novo goberno de Pedro Sánchez para tratar os asuntos pendentes con Santiago

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, avanzou que, en canto xuren o cargo, pedirá…

4 anos ago

Sánchez Bugallo amosa o interese en chegar a acordos o máis amplos posibles cos demais grupos para sacar adiante os orzamentos

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, sinala a PP e Compostela Aberta, como as…

4 anos ago

O goberno local presenta a próxima semana a primeira parte das actuacións vinculadas ao Ano Santo

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, adiantou que o goberno municipal convocou o luns…

4 anos ago

O alcalde sinala que non caso das estatuas do Mestre Mateo se produciu unha apropiación indebida por parte da familia Franco

A Xunta de Goberno do Concello de Santiago presentará un recurso de casación ante o…

4 anos ago