O Grupo Socialista reúnese con AGADEA e reafírmase no seu compromiso coas entidades sociais

  • As concelleiras Marta Álvarez e Mila Castro visitaron as instalacións de AGADEA LAB, un novo centro que a asociación puxo en marcha no 2023 para persoas en fase inicial da enfermidade
  • “O seu traballo para mellorar a calidade de vida das persoas con alzheimer é imprescindible e debe contar co apoio das institucións” defendeu Álvarez.

Santiago de Compostela, 23 de marzo de 2024. AGADEA LAB son as novas instalacións que a Asociación Galega de Axuda aos Enfermos con Demencia Tipo Azlheimer creou o pasado ano na rúa Rosalía de Castro como centro de acollemento para persoas na fase inicial da enfermidade, pero tamén para o desenvolvemento de actividades de envellecemento activo. “Un traballo imprescindible” destacou a concelleira socialista, Marta Álvarez, nunha visita ao centro no que quixo reafirmar o compromiso do Grupo Socialista coas entidades sociais: “son un tecido imprescindible que chega alí onde as administracións públicas non alcanzan”.

Nun encontro coa presidenta, Isabel Gey e no que tamén participou a coordinadora da entidade na zona de Santiago, Lucía Fandiño, Álvarez quixo interesarse polas actividades que ten en marcha a entidade. Unha visita na que participou tamén a que fora concelleira de Políticas Sociais durante o mandato socialista, Mila Castro. Ambas coincidiron en sinalar nas necesidades de Santiago en este tipo de centros, con máis de 23.000 persoas maiores de 65 anos no municipio “é fundamental potenciar actividades que preveñan o deterioro cognitivo de estas persoas e fomenten un envellecemento activo”.

Neste sentido, lembran que durante o mandato socialista implantáronse dúas actividades en colaboración con Agadea nos centros socioculturais do rural e dirixidas a fomentar ese envellecemento activo dirixidos ás persoas maiores para mellorar e conservar as súas capacidades, tanto físicas como cognitivas. Unha liña de traballo que, coinciden en reclamar que “debe manterse no futuro”.

Recent Posts

O alcalde anuncia que esta semana comeza a negociación orzamentaria

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, anunciou que co comezo do ano, "empezaremos coa…

4 anos ago

O rexedor pedirá unha rolda de entrevistas cos ministros do novo goberno de Pedro Sánchez para tratar os asuntos pendentes con Santiago

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, avanzou que, en canto xuren o cargo, pedirá…

4 anos ago

Sánchez Bugallo amosa o interese en chegar a acordos o máis amplos posibles cos demais grupos para sacar adiante os orzamentos

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, sinala a PP e Compostela Aberta, como as…

4 anos ago

O goberno local presenta a próxima semana a primeira parte das actuacións vinculadas ao Ano Santo

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, adiantou que o goberno municipal convocou o luns…

4 anos ago

O alcalde sinala que non caso das estatuas do Mestre Mateo se produciu unha apropiación indebida por parte da familia Franco

A Xunta de Goberno do Concello de Santiago presentará un recurso de casación ante o…

4 anos ago