O Goberno Municipal aínda non coñece o proxecto de senda ciclista entre Compostela e O Milladoiro deseñado pola Xunta

  • Para  Sánchez Bugallo é difícil posicionarse sobre un proxecto que non se coñece, e que ademais, sinala, se lanza sen contar coa administración competente na materia
  • Ao alcalde resúltalle “un pouco extraño” que o tema se plantexe sen coñecemento do Concello de Santiago.

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asegurou que é dificil posicionarse sobre un proxecto que non se coñece, en referencia á petición da Xunta de Galicia para que o Concello de Santiago se pronunciase sobre a  senda ciclista entre Compostela e o Milladoiro deseñada polo goberno autononómico. “Paréceme imprudente lanzar un proxecto sin contar coa administración competente na mateira, que é o Concello”, afirmou.

O rexedor explicou que se puxo en contacto coa conselleira de Infraestructuras, porque a información lle parecía sorprendente: “Non podemos pronunciarnos nin a favor nin en contra dun proxecto que non coñecemos”. O razonable é que primeiro se falara con nós. Sobre a suposta perda de fondos europeos, o rexedor sinalou que esa é unha pregunta que debe responder a Comunidade Autónoma.

Audio 2. Sánchez Bugallo

“Cando nos remitan o proxecto, estudaremolo con detimento, e cando o coñezamos, pronunciarémonos”, engadiu. “Eu non contemplo que nos pronunciemos en contra. O que si é posible é que haxa que introducir cambios”, sinalou.

Outra cuestión, engadiu, é que ese proxecto non sexa executable sen o Concello. “Dame a impresión de que case todas as vías potencialmente afectadas, non só son competencia do concello, tamén son propiedade do Concello”; e algunhas propiedade do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana. “Resulta un pouco extraño que ese tema se plantexe sen coñecemento do Concello e non me parece que unha conversa informal entre o director xeral de Mobilidade, e a concelleira de Urbanismo sexa a forma de coordinarse entre Concello e Xunta de Galicia”, continuou.

En todo caso, engadiu, “nós estamos a disposición da xunta para falar dese proxecto. Previamente podía empezar por enviárnolo, para que o puidesemos coñecer e polo menos para dar a nosa opinión. Creo que houbese sido bó que o coñeceramos con antelación ao seu envío ao Goberno de España”.

Por parte do Concello, proseguiu, “nunca houbo unha actitude de bloque a calquera proxecto que pudiera ser positivo para a veciñanza de Santiago”.

Audio 1. Sánchez Bugallo

“Nós en canto teñamos o proxecto, estudiarémolo con detimento, e as dificultades que haxa tratarémolas coa Xunta. É un pouco extraño que se nos pida que nos pronunciemos sobre un proxecto que aló menos nós, non coñecementos”, reiterou Sánchez Bugallo. O único proxecto que coñecemos, engadiu,  é o que elaborou o Concello de Santiago; e unha proposta que nos fixo Composcleta en 2019.

“A comunidade autónoma ten certa experiencia”, engadiu, das dificultades que se derivan de proxectos que se conciben de costas á cidade. Gran parte dos problemas que tivemos en Concheiros, en Rodríguez de Viguri e a Avenida de Lugo, en Conxo adolecen dese mesmo pecado orixinal. Confío en que isto non sexa unha repetición”, subliñou.

Proxecto Peleteiro

Sobre o proxecto Peleteiro, o alcalde destacou, recoñeceu e agradeceu a “actitude positiva por parte do tecido asociativo, que creo, expresa claramente o sentir de cidadanía, que é que o proxecto vaia adiante e que se desbloquee e situación”. Palabras de Sánchez Bugallo despois de reunirse coas entidades veciñais Raigame e Agadea, coas asociacións de comerciantes Fundación Santiago Centro, Comercio Punto Compostela e Em Rede; e coa Asociación Hostelería Compostela.

“Levamos vinte anos con este tema, e agora danse todas as circunstancias para que quede desbloqueado e resolto”, subliñou. “Por parte do Goberno Municipal estase traballando intensamente e “esperemos que a Corporación tamén responda a ese nivel de responsabilidade e de demanda social”, indicou o rexedor. “Agora mesmo sería moi difícil de entender por parte da cidadanía que se mantivese o bloqueo nun tema tan importante como este”, engadiu. “Espero que todos esteamos á altura das circunstancias e do que a veciñanza demanda e espera”.

Mañá, 29 de marzo, reunirase a Comisión Mixta, na que aparte das asociacións, tamén están representandos os distintos grupos municipais. O alcalde recordou que o proxecto Peleteiro é un tema que se debe decidir en pleno, e espera que “todos estemos á altura do que se espera de nós e do que podemos e debemos facer”.

Recent Posts

O alcalde anuncia que esta semana comeza a negociación orzamentaria

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, anunciou que co comezo do ano, "empezaremos coa…

4 anos ago

O rexedor pedirá unha rolda de entrevistas cos ministros do novo goberno de Pedro Sánchez para tratar os asuntos pendentes con Santiago

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, avanzou que, en canto xuren o cargo, pedirá…

4 anos ago

Sánchez Bugallo amosa o interese en chegar a acordos o máis amplos posibles cos demais grupos para sacar adiante os orzamentos

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, sinala a PP e Compostela Aberta, como as…

4 anos ago

O goberno local presenta a próxima semana a primeira parte das actuacións vinculadas ao Ano Santo

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, adiantou que o goberno municipal convocou o luns…

4 anos ago

O alcalde sinala que non caso das estatuas do Mestre Mateo se produciu unha apropiación indebida por parte da familia Franco

A Xunta de Goberno do Concello de Santiago presentará un recurso de casación ante o…

4 anos ago