O Goberno de Bugallo consolida relacións coa Asociación de Persoas Xordas

Mila Castro comprométese a renovar a firma do convenio de colaboración para continuar traballando en materia de accesibilidade

Santiago de Compostela, 2 de maio de 2023. O Goberno de Bugallo consolida a relación coa Asociación de Persoas Xordas de Santiago de Compostela nunha reunión na que mostrou o compromiso da Corporación por seguir mellorando a calidade de vida dos veciños e veciñas a través da inclusión.

Mila Castro, concelleira de Políticas Sociais, renovou a firma do convenio de colaboración coa asociación. Con el, o Concello mantén o compromiso por facer de Santiago unha cidade accesible, con servizos adaptados para todas as persoas.

O alcalde traballa man a man con diferentes colectivos para coñecer as súas necesidades e propostas. Fai unha semana, o Grupo de Goberno tamén mantivo unha reunión coa Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia para garantir o obxectivo de “facer unha Compostela de todas e de todos” eliminando barreiras.

Recent Posts

O alcalde anuncia que esta semana comeza a negociación orzamentaria

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, anunciou que co comezo do ano, "empezaremos coa…

4 anos ago

O rexedor pedirá unha rolda de entrevistas cos ministros do novo goberno de Pedro Sánchez para tratar os asuntos pendentes con Santiago

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, avanzou que, en canto xuren o cargo, pedirá…

4 anos ago

Sánchez Bugallo amosa o interese en chegar a acordos o máis amplos posibles cos demais grupos para sacar adiante os orzamentos

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, sinala a PP e Compostela Aberta, como as…

4 anos ago

O goberno local presenta a próxima semana a primeira parte das actuacións vinculadas ao Ano Santo

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, adiantou que o goberno municipal convocou o luns…

4 anos ago

O alcalde sinala que non caso das estatuas do Mestre Mateo se produciu unha apropiación indebida por parte da familia Franco

A Xunta de Goberno do Concello de Santiago presentará un recurso de casación ante o…

4 anos ago