Categories: ActualidadMobilidade

O alcalde sinala que o obxectivo do radar de Conxo é reducir a siniestralidade e descarta o afán recadatorio

O alcalde compostelá, Xosé Sánchez Bugallo, aclarou hoxe que a instalación do radar á saída do túnel de Conxo, que comezou a sancionar hoxe, ten como obxectivo reducir a siniestralidade e a gravidades dos posibles accidentes na zona. O rexedor respondía así ao Grupo Municipal Popular, quen apuntaba a un interese recadatorio. “De feito”, lembrou, “o PP instalou radares e instalou fotorroxos en Santiago, e eu creo que o afán non foi recadatorio”.

Sánchez Bugallo recordou que o ano pasado non se rexistraron en Santiago vítimas mortais en accidentes de tráfico no casco urbano. “Temos que facer todo o posible”, dixo, “por preservar esta cifra. E todos nós sabemos que a velocidade é un elemento esencial, tanto na producción de accidentes como na gravidade dos mesmos”. Argumentou o alcalde, que co dato observado a pasada semana nas probas previas do radar, onde todos os vehículos, uns 2.000, sobrepasaron o límite de verlocidade, lle sorprende a “afirmación do Partido Popular, salvo que entenda que se debe facilitar a continuidade desa infracción, cousa que estou seguro que non é así”.

Para o alcalde, reducir a velocidade media nas rúas da cidade a 30 quilómetros por hora permitiría “menos accidentes, de menor gravidade, e facer compatible o uso do automóbil con outros medios de transporte, como pode ser a bicicleta ou incluso o patín eléctrico”.

TRANSPORTE URBANO

Por outra banda, Sánchez Bugallo afirmou que non ten constancia de que se lle “prohibira o acceso ao expediente do concurso” de transporte urbano ao PP. “Outra cuestión”, engadiu, “é que exista algunha documentación que aínda non poida porse a disposición dos grupos porque non é unha documentación firme. Hai determinados estudos preliminares que se están facendo que ata que non son conformados non pasan a formar parte do expediente, e polo tanto, ao mellor, non está dispoñible a súa consulta. Fora diso non teño constancia de que se lle prohibira, nin ao PP nin a ningún outro grupo municipal a consulta dos expedientes”.

O alcalde confirmou, ademais, que o Consello de Administración de Tussa (Transporte Urbano de Santiago) está previsto que se reúna esta semana. E recordou que a licitacion municipal do contrato de transporte, non a vai facer a empresa, se non o Concello.

Recent Posts

O alcalde anuncia que esta semana comeza a negociación orzamentaria

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, anunciou que co comezo do ano, "empezaremos coa…

4 anos ago

O rexedor pedirá unha rolda de entrevistas cos ministros do novo goberno de Pedro Sánchez para tratar os asuntos pendentes con Santiago

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, avanzou que, en canto xuren o cargo, pedirá…

4 anos ago

Sánchez Bugallo amosa o interese en chegar a acordos o máis amplos posibles cos demais grupos para sacar adiante os orzamentos

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, sinala a PP e Compostela Aberta, como as…

4 anos ago

O goberno local presenta a próxima semana a primeira parte das actuacións vinculadas ao Ano Santo

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, adiantou que o goberno municipal convocou o luns…

4 anos ago

O alcalde sinala que non caso das estatuas do Mestre Mateo se produciu unha apropiación indebida por parte da familia Franco

A Xunta de Goberno do Concello de Santiago presentará un recurso de casación ante o…

4 anos ago