O alcalde sinala que o Concello de Santiago é a única administración que se posicionou a carón da veciñanza en relación á canteira de Miramontes

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, sinalou hoxe, en rolda de prensa, que a única administración que se posicionou á carón da veciñanza en relación á canteira de Miramontes, foi o Concello de Santiago de Compostela. “Sempre houbo un posicionamiento claro, e os que están levando nos ámbitos xudiciais a defensa desa posición son os servizos xurídicos do Concello”.

Sánchez Bugallo explicou que quen gañou nos tribunais a prohibición de acceso dos vehículos de máis de 5,5 toneladas á canteira (coa excepción dos áridos CNC cos que existe un convenio desde 1991), “é o propio Concello, non foron outros. É Concello de Santiago  quen o defendeu en primeira instancia, en segunda instancia e no Tribunal Supremo”.

O alcalde agradeceu á veciñanza de Miramontes o seu apoio nun tema, afirmou, no que o Concello mantivo unha postura moi clara desde o minuto un”. E sempre, engadiu, tropezando con dúas dificultades: “quen autoriza as extracións na canteira é a consellería de Industria, non o Concello; e quen leva o control medio ambiental é a consellería de Medio Ambiente”.

A pesares de non ser competencias municipais, continuou, “o Concello fixo un enorme esforzo á hora de contratar medicións das fontes, dos cursos de auga, para medir calqueira posible contaminación e para facer un seguimento continuado de calquera problema que se derivara da canteira de Miramontes”.

Sánchez Bugallo foi claro: “nós non estamos dacordo coa solución que se deu para esa canteira, e estamos particularmente indignados con algo que pasou entre os anos 2015 e 2018. As verteduras orgánicas que terían que ter ido a Nostián, nun volume que non temos calculado, pero que previsiblemente superaba as 12.000 toneladas anuais”, estiveronse depositando en Miramontes. “Non foi no mandato deste goberno, e iso quéroo deixar ben claro. E desde logo nós requirimos á comunidade autónoma para que se supendera e se ordenara a retirada desas verteduras. O alcalde reitera que esa retirada de residuos órganicos aínda está sen executar, “por razóns que descoñecemos”.

Recorda o rexedor que, tanto a “consellería de Industria como a consellería de Medio Ambiente non dependen do concello”. Lembra tamén que a Policía Local é a que ten competencias de tráfico en vías urbanas, e no caso do acceso á canteira de Miramontes, é a Garda Civil. “O que non pode a Policía Local é atribuirse, substituir ou usurpar competencias que son doutro corpo policial. Nen o concello de Santiago pode substituír á comunidade autonóma porque non ten esas competencias”. Porque, indicou, en materia de solo rústico, “rexímonos por unha lei do Parlamento de Galicia, aprobada en febreiro de 2016, que é a Lei do Solo de Galicia, que acota a competencia municipal aos solos urbanos e urbanizables e entende que no solo rústico a administración competente é a Xunta de Galicia, non os concellos”.

O rexedor lamentou non poder acadar “uns resultados máis rápidos e mellores”. E, reitera, non lle parece xusto que as críticas vaian cara o Concello de Santiago, a única administración, sinala, que, sin ser competente, é a única que se ten posicionado “claramente” ao lado das demandas da veciñanza.

Recent Posts

O alcalde anuncia que esta semana comeza a negociación orzamentaria

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, anunciou que co comezo do ano, "empezaremos coa…

4 anos ago

O rexedor pedirá unha rolda de entrevistas cos ministros do novo goberno de Pedro Sánchez para tratar os asuntos pendentes con Santiago

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, avanzou que, en canto xuren o cargo, pedirá…

4 anos ago

Sánchez Bugallo amosa o interese en chegar a acordos o máis amplos posibles cos demais grupos para sacar adiante os orzamentos

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, sinala a PP e Compostela Aberta, como as…

4 anos ago

O goberno local presenta a próxima semana a primeira parte das actuacións vinculadas ao Ano Santo

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, adiantou que o goberno municipal convocou o luns…

4 anos ago

O alcalde sinala que non caso das estatuas do Mestre Mateo se produciu unha apropiación indebida por parte da familia Franco

A Xunta de Goberno do Concello de Santiago presentará un recurso de casación ante o…

4 anos ago