O alcalde de Santiago, preocupado polo repunte de contaxios por COVID19, que poden levar a un novo endurecemento das restriccións

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, amosou a súa preocupación pola evolución dos datos de contaxios por COVID19, que cualificou de “preocupantes”. A tendencia, sinala, volve ser á alta, despois das cifras favorables rexistradas entre o “27 de outubro e o 5 de decembro”. Hoxe, recordou, hai 137 casos positivos, e onte eran 121, o que sitúa a incidencia en 102 casos por cen mil habitantes. Hai unha semana “era de 84”.

O rexedor é claro: “hai un emperoramento continuado da situación”, con datos preocupantes, “que se non temos coidado obrigará á administración pública a adoptar novas  medidas”, que suporán, engadiu”, “unha limitación aos dereitos das persoas e un importante grado de afectación na actividade económica para moitas familias de Santiago”. Para Sánchez Bugallo, “non se está actuando ben”, e volve apelar, de novo á responsabilidade individual e persoal “de cada un de nós”. Aínda así, recoñece que a situación en Compostela sigue sendo mellor que a media de Galicia e a media do Estado Español.

Se continúa a tendencia á alza no número de contaxios, o alcalde afirma que “haberá marcha atrás fixo, e estará xustificada”, en referencia a que volverán a endurecerse as restriccións anticovid. En resposta á pregunta sobre a orixe deste repunte, Sánchez Bugallo explica que hai dous escenarios importantes de contaxio: “fontes da contorna familiar, a máis numerosa e a máis dispersa”, e un concerto de iniciativa privada celebrado nun hotel, un espazo privado, o pasado 5 de decembro.

O alcalde incidiu na necesidade de non relaxarse: “todos sabemos o que nos costou frear os contaxios e facelos baixar, e en cambio é moi doado que volvan empeorar. Sería tristísmo que na véspera de Noiteboa e en Nadal houbese que incrementar as medidas de seguridade en Santiago e restrinxir os usos”, e, engade, “a vista da evolución que están tendo os datos, non se pode descartar en absoluto.

Recent Posts

O alcalde anuncia que esta semana comeza a negociación orzamentaria

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, anunciou que co comezo do ano, "empezaremos coa…

4 anos ago

O rexedor pedirá unha rolda de entrevistas cos ministros do novo goberno de Pedro Sánchez para tratar os asuntos pendentes con Santiago

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, avanzou que, en canto xuren o cargo, pedirá…

4 anos ago

Sánchez Bugallo amosa o interese en chegar a acordos o máis amplos posibles cos demais grupos para sacar adiante os orzamentos

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, sinala a PP e Compostela Aberta, como as…

4 anos ago

O goberno local presenta a próxima semana a primeira parte das actuacións vinculadas ao Ano Santo

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, adiantou que o goberno municipal convocou o luns…

4 anos ago

O alcalde sinala que non caso das estatuas do Mestre Mateo se produciu unha apropiación indebida por parte da familia Franco

A Xunta de Goberno do Concello de Santiago presentará un recurso de casación ante o…

4 anos ago