O alcalde cualifica de gran noticia para Galicia e para Santiago a anuncio da licitación da estación de tren de alta velocidade

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, cualificou como “gran noticia para Galicia e para Santiago” o anuncio realizado onte polo ministro de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, José Luis Ábalos, de que nas próximas semanas ADIF licitará as obras da estación de alta velocidade de Compostela aínda que non se sobrepasase o umbral dos 3,5 millóns de pasaxeiros, asumindo o ministerio o 100% do custe.

Na rolda de prensa dos venres, Sánchez Bugallo sinalou que non lle sorprendeu o anuncio, porque estaba falando con anterioridade. É froito, engadiu, “dun traballo moi intenso”, sobre todo a partir do mes de agosto, “para que se integrara a obra dentro dos fondos europeos e se incorporara no proxecto de lei presupostaria”, e para a “aprobación do proxecto técnico pouco despois da aprobación do presuposto do Estado nos que xa se contemplaba a dotación orzamentaria”.

Sobre a retirada da cláusula dos 3,5 millóns de viaxeiros, valorou de xeito positivo a proposta da presidenta de ADIF, Isabel Pardo de Vera, de que non houbese convenio: “é a mellor e a máis rápida das solucións”. Explicou que “é perfectamente viable pola consideración de que o convenio anterior está finado desde outubro do ano 2020; porque ADIF dispón da totalidade dos terreos necesarios para a construción da nova estación; e porque a financiación, algo máis de 33,5 millónes de euros, correrá a cargo dos orzamentos xerais do Estado e dos fondos europeos NextGenerationEU. En todo este proceso, o alcalde agradeceu “a actitude receptiva por parte do ministro” e tivo un “recoñecemento especial para o traballo desenvolvido por Isabel Pardo de Vera”.

Con estes 33 millóns de euros, o investimento en todo o conxunto da Intermodal ascenderá a 72 millóns de euros, segundo explicou o rexedor. Recordou que, en concreto, o concello de Santiago aportou entre 5 e 6 millóns de euros, “unha cifra significativa, tendo en conta”, engadiu, as diferencias orzamentarias entre as distintas administracións. En concreto, sinalou, aportou os terreos necesarios para a construción da estación de autobuses, financiou as obras da rúa Clara Campoamor, e aportou dous millóns de euros para a construción da pasarela. Sánchez Bugallo lembrou que agora entramos na fase seguinte, a remodelación da Rúa do Hórreo “para a integración da pasarela e para facilitar os fluxos peonís cara o centro da cidade, cun custe estimado de 610.000 euros, que tamén será financiada polo concello”. O obxectivo, sinalou o rexedor, é que no 2024 estea completada toda a zona. “A previsión que se manexa é licitar e adxudicar as obras este ano”, para que se executen en 2022 e 2023 e “que o longo de 2024 a estación de tren de alta velocidade de Santiago entre en pleno funcionamento”.

Acordo do Foro Cívico

O alcalde lembrou que a construción da estación de tren de alta velocidade era unha das cinco prioridades do “Acordo do Foro Cívico”, “aprobadas de xeito unánime” no pleno do mes de xullo de 2019. A “estación está encamiñanda”, sinalou; “outra segunda eran determinadas infraestruturas priorizando orbital e orbitaliño”. A día de hoxe recordou que a primeira, o orbital, está en obras, e o orbitaliño en fase de redacción de proxecto e con  “previsión de remate en 2023”.

Outra das prioridades para “este mandato”, que tamén está avanzando “despois de oito anos perdidos”, é a EDAR da Silvouta. “Se todo vai ben, a finais de abril” está previsto seleccionar a empresa que se faga cargo da redacción do proxecto, da construción da obra e da xestión durante o primeiro ano, “co obxectivo de que en 2026 sexa operativo”.

Segundo confirmou o alcalde, “os tres ámbitos de infraestruturas definidos como estratéxicos e prioritarios por todos os grupos, experimentan un avance notable”, o que, engadiu, “todos debemos valorar  recoñecer”.

Recent Posts

O alcalde anuncia que esta semana comeza a negociación orzamentaria

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, anunciou que co comezo do ano, "empezaremos coa…

4 anos ago

O rexedor pedirá unha rolda de entrevistas cos ministros do novo goberno de Pedro Sánchez para tratar os asuntos pendentes con Santiago

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, avanzou que, en canto xuren o cargo, pedirá…

4 anos ago

Sánchez Bugallo amosa o interese en chegar a acordos o máis amplos posibles cos demais grupos para sacar adiante os orzamentos

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, sinala a PP e Compostela Aberta, como as…

4 anos ago

O goberno local presenta a próxima semana a primeira parte das actuacións vinculadas ao Ano Santo

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, adiantou que o goberno municipal convocou o luns…

4 anos ago

O alcalde sinala que non caso das estatuas do Mestre Mateo se produciu unha apropiación indebida por parte da familia Franco

A Xunta de Goberno do Concello de Santiago presentará un recurso de casación ante o…

4 anos ago