O alcalde agradece o apoio do goberno galego ao Plan de Sostibilidade Turística e destaca a necesidade de “traballar xuntos para minorar os efectos da crise”

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, sinalou, despois da reunión co presidente da Xunta que “todos temos que traballar xuntos para minorar os efectos da crise” provocada pola COVID-19. O rexedor destacou que Compostela é a cidade de Galicia que máis se está a resentir desde o punto de vista social e económico, dado o peso da internacionalización do sector turístico e do sector servizos. Por iso agradeceu o apoio do goberno galego ao Plan de Sostibilidade Turística, que prevé investimentos, nos próximos tres anos, duns catro millóns de euros.

En concreto, o xefe do executivo galego comprometeuse a que o proxecto que presentou Santiago para a convocatoria de “Plans de Sostibilidade Turística en destino” da Secretaría de Estado de Turismo”, “teña o apoio e financiamento da Xunta de Galicia”. En materia turística, tanto o presidente como o alcalde coincidiron na necesidade de “reformular” o Ano Santo 2021, para adaptalo ao novo escenario sanitario e económico marcado pola COVID-19; coa expectativa de que se prorrogue ata o mes de xullo de 2022. Se o conseguimos, sinalou Sánchez Bugallo, “vai ser o mellor ano da historia desde o punto de vista do sector turístico, desde o punto de vista cualitativo”, porque, argumentou, o turismo que chega a través dos Camiños de Santiago é un “motor fundamental” para a economía de Commpostela e para outros “150 concellos de Galicia”. Por iso, engadiu, “imos traballar polo éxito dese ano”.

Sobre as obras da Intermodal, concretamente a estación de autobuses e a pasarela peonil, Alberto Núñez Feijoo, tal e como avanzara o alcalde a semana pasada na comparecencia ante o Foro Cívico, confirmou que estarán finalizadas este mesmo ano. Igual que as obras de remodelación de Clara Campoamor, que se prevé rematen este mesmo mes. Quedaría pendente a ampliación da estación de ferrocarril, que tamén conta, segundo explicaron ambos mandatarios, co apoio da Xunta de Galicia. “Imos apostar”, sinalou o rexedor compostelá, porque tanto a nova estación de tren como a EDAR da Silvouta, se financien co Fondo de Reconstrucción Europeo. De momento, xa hai un compromiso do goberno central de que, no caso da depuradora, opte a estas axudas.

Tamén avanza o polo biotecnolóxico, outro dos asuntos tratados na reunión, con 65.000 metros de sólo empresarial reservado no polígono da Sionlla. Sinalouno o xefe do executivo galego, para a continuación asegurar que entre a Axencia Galega de Innovación e o Concello de Santiago, están intentando crear “un hub de innvación dixital nese polo”.

A maiores, tratáronse asuntos relacionados coa educación, como a contratación de 89 novos mestres para Santiago, 66 para secundaria e 33 para educación primaria; e asuntos de ámbito social, como o estado dos proxectos do Centro de Saúde de Conxo ou da nova residencia de maiores da Fundación Amancio Ortega, que está previsto construir no Restollal.

Durante o encontro, o presidente da Xunta louvou o comportamento do concello de Santiago durante a pandemia, “sobre todo agora co incremento das restriccións”; e agradeceu ao alcalde, Sánchez Bugallo, á policía local e á corporación municipal polo “seu compromiso no cumprimento das normas e na tramitación” das infraccións.

Recent Posts

O alcalde anuncia que esta semana comeza a negociación orzamentaria

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, anunciou que co comezo do ano, "empezaremos coa…

4 anos ago

O rexedor pedirá unha rolda de entrevistas cos ministros do novo goberno de Pedro Sánchez para tratar os asuntos pendentes con Santiago

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, avanzou que, en canto xuren o cargo, pedirá…

4 anos ago

Sánchez Bugallo amosa o interese en chegar a acordos o máis amplos posibles cos demais grupos para sacar adiante os orzamentos

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, sinala a PP e Compostela Aberta, como as…

4 anos ago

O goberno local presenta a próxima semana a primeira parte das actuacións vinculadas ao Ano Santo

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, adiantou que o goberno municipal convocou o luns…

4 anos ago

O alcalde sinala que non caso das estatuas do Mestre Mateo se produciu unha apropiación indebida por parte da familia Franco

A Xunta de Goberno do Concello de Santiago presentará un recurso de casación ante o…

4 anos ago