O alcalde afirma que a intención do goberno municipal é cumprir co calendario e levar os orzamentos a pleno o 12 de marzo

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, amosouse sorprendido “do que se está dicindo” en relación á negociación dos orzamentos, xa que, engade, en algúns casos revelan “unha confusión bastante grande, non sei se propia ou interesada, que non se corresponde coa verdade”. Indica que en todo momento “actuamos con absoluta claridade e transparencia” e incluso se ampliaron os prazos que se manexaban nun principio. En todo caso, a intención do executivo local, segundo avanzou o rexedor, “é estudar as propostas que se nos presenten, e darlle resposta, na medida das nosas posiblidades”, sempre que poida encaixar nos orzamentos”.

Iso sí, Sánchez Bugallo recorda que “en calquera caso o calendario sigue”. Lembrou que a intención do executivo local era levar os orzamentos ao pleno do 26 de febreiro, pero que finalmente se lle deu luz verde na Xunta de Goberno o luns, día 1 de marzo, para debatilos, a continuación, en dúas Comisións de Facenda: o pasado día  2 para informar e o próximo día 9 para dictaminar. Explica o alcalde que cando o goberno municipal manifestou a súa intención de que fosen o 12 de marzo a pleno, “é cando a cousa se empezou a mover un pouco”.

Nese pleno do día 12 está previsto someter  a votación dous puntos: a proposta de orzamentos e a modificación do PXOM. Nembargantes, o alcalde non descarta que poida haber algún retraso nesas datas “se hai posiblidades reais” de chegar a un acordo. Pero, continúa, “non vemos utilidade práctica a deixar pasar o tempo se non hai unha concreción clara e un resultado real. Entendemos que nese caso, o pleno como órgano competente para aprobar os orzamentos debe tomar unha decisión e todos os grupos políticos” deberán mostrar cal é a súa posición “e asumir cada un a responsabilidade que lle corresponda. O que non sería admisible é que o goberno municipal, por inacción permitira a prolongación desta situación”, engadiu.

O rexedor explicou que o goberno municipal “ten a obriga e responsabilidade de formular o proxecto de orzamentos, cuns parámetros de equilibrio orzamentario e de cumprimento de toda a normativa legal”. Lembra que “este goberno cumpriu coa súa obriga, “e o pasado 3 de febreiro lles remitimos a todos os grupos municipais a proposta de orzamentos”.

Sánchez Bugallo recordou que hai dous grupos con representación suficiente para “viabilizar a aprobación dos orzamentos co seu apoio ou coa súa abstención”. Dun deles, en relación a Compostela Aberta, “non temos ningunha proposta concreta. Si nos plantexaron unha serie de preguntas, ás que respondemos, logo unha serie de dúbidas, pero proposta concreta, hoxe é o momento, que non a temos”. Sobre o outro grupo, o PP, explicou que “presentaron o pasado luns unha listaxe amplísima de temas, falouse con eles e todo iso é imposible. Quedaron que no día de hoxe nos van plantexar unha ordenación xerarquizada e valoraremos se hai algunha marxe” para chegar a acordos. Nese listado, sinalou o alcalde, non figura a proposta presentada onte polo Grupo Popular relativa á reurbanización da rúa Santiago León y Caracas.

No outro grupo, o BNG, hai, segundo asegurou o alcalde, “unha gran confusión”. Aclarou que o pleno é quen aproba os orzamentos, non quen os elabora, e que “non hai un procedemento de elaboración de presupostos asambleario. É o goberno o que ten que formular un proxecto de orzamentos, e a oposición, ao longo do proceso, formula as súas propostas”. Sánchez Bugallo recoñeceu que desde o executivo local hai unha “certa prioridade cara aqueles grupos que permiten viabilizar” a aprobación dos orzamentos.

Para Sánchez Bugallo, “todos somos conscientes  de que a non aprobación dos orzamentos está tendo consecuencias: non podemos resolver o concurso da Escola Municipal de Música; nin o de parques e xardíns; nin o concurso do SAF, o que implica problemas para as persoas que traballan no servizo, e para as que están en lista de espera ás que non se lle pode prestar o servizo porque o novo contrato non se adxudica”. Subliña o alcalde que “o goberno municipal ten a obriga e a responsabilidade de presentar os orzamentos, e así o vai facer, e fará o que este ao seu alcance, dentro da legalidade vixente, para conseguir a súa aprobación”. Remata o rexedor sinalando que “ninguén poderá negar que desde o minuto un fomos absolutamente claros e polo tanto, todo o mundo sabe a que aterse”.

Emisión da rolda de prensa do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, do 5 de marzo de 2021.

Recent Posts

O alcalde anuncia que esta semana comeza a negociación orzamentaria

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, anunciou que co comezo do ano, "empezaremos coa…

4 anos ago

O rexedor pedirá unha rolda de entrevistas cos ministros do novo goberno de Pedro Sánchez para tratar os asuntos pendentes con Santiago

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, avanzou que, en canto xuren o cargo, pedirá…

4 anos ago

Sánchez Bugallo amosa o interese en chegar a acordos o máis amplos posibles cos demais grupos para sacar adiante os orzamentos

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, sinala a PP e Compostela Aberta, como as…

4 anos ago

O goberno local presenta a próxima semana a primeira parte das actuacións vinculadas ao Ano Santo

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, adiantou que o goberno municipal convocou o luns…

4 anos ago

O alcalde sinala que non caso das estatuas do Mestre Mateo se produciu unha apropiación indebida por parte da familia Franco

A Xunta de Goberno do Concello de Santiago presentará un recurso de casación ante o…

4 anos ago