Nota aclaratoria

En relación ás manifestacións realizadas no día de hoxe pola voceira de CA, o Goberno municipal quere aclarar o seguinte:

  1. Feita a consulta correspondente á Intervención municipal, esta informou que, á espera do peche definitivo das contas, saía un remanente positivo inicial de 10.953.604,10 euros, dos que, unha vez descontadas as cantidades comprometidas da liquidación do ano 2019, quedaban dispoñibles 5.000.000 de euros,  aproximadamente. Este é o dato que se fixo público e que se lle facilitou a todos os grupos.

  1. Unha vez formulada definitivamente pola Intervención municipal a liquidación das contas, o 31 de marzo, resultan 9.005.000 euros de remanente, dos que, descontadas as cantidades comprometidas, quedarían dispoñibles 2.458.000 euros.

  1. Con carácter inmediato, nada máis coñecer as cifras, convócase unha xunta de voceiros para trasladarlles toda a información, incluído o informe de liquidación da Intervención xunto cun posible reparto, dando absoluta prioridade ás axudas aos sectores afectados e quedando en ter unha nova xuntanza mañá, co fin de pechar unha proposta para ser elevada ao Pleno.

  1. Resulta evidente que é un risco repartir fondos dos que non se dispón, aínda que, como neste caso, exista unha previsión razoable, que, desgraciadamente, non se confirmou. Ninguén o lamenta máis que o propio goberno.

  1. En calquera caso, está previsto que nas dúas convocatorias a realizar en 2021 se superen significativamente as axudas de 2020 e tamén os 3.5 millóns de euros.

  1. Solicitamos ao grupo municipal de Compostela Aberta máis prudencia e humildade nas súas declaracións e recordámoslle que este goberno vén de conceder e facer efectivas axudas que quintuplican as concedidas por CA nos catro anos do seu mandato; por certo, axudas concedidas sen contar co seu voto a favor ata o de agora.

Recent Posts

O alcalde anuncia que esta semana comeza a negociación orzamentaria

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, anunciou que co comezo do ano, "empezaremos coa…

3 anos ago

O rexedor pedirá unha rolda de entrevistas cos ministros do novo goberno de Pedro Sánchez para tratar os asuntos pendentes con Santiago

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, avanzou que, en canto xuren o cargo, pedirá…

3 anos ago

Sánchez Bugallo amosa o interese en chegar a acordos o máis amplos posibles cos demais grupos para sacar adiante os orzamentos

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, sinala a PP e Compostela Aberta, como as…

3 anos ago

O goberno local presenta a próxima semana a primeira parte das actuacións vinculadas ao Ano Santo

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, adiantou que o goberno municipal convocou o luns…

3 anos ago

O alcalde sinala que non caso das estatuas do Mestre Mateo se produciu unha apropiación indebida por parte da familia Franco

A Xunta de Goberno do Concello de Santiago presentará un recurso de casación ante o…

3 anos ago