Noa Diaz considera precipitado comezar o curso escolar o 10 de setembro sen coñecer aínda o protocolo definitivo da Xunta coas medidas de prevención fronte á COVID

A concelleira de Educación, Noa Díaz, considera precipitado o inicio do curso escolar, o próximo 10 de setembro, nas circunstancias actuais, “nas que os centros descoñecen o protocolo definitivo da Xunta de Galicia”, coas medidas de prevención fronte á COVID19. Ainda así, considera que o curso “debería ser presencial e nas mellores condicións” de seguridade sanitaria para o alumnado.

A preguntas dos xornalistas e en relación ás declaracións do presidente autonómico, Alberto Núñez Feijoo, nas que afirmaba que o día sete de setembro estaría listo protocolo definitivo, Noa Díaz preguntouse como “en tres días van ser capaces de organizar ese mecanismo” non só os concellos, senón tamén a ANPA e o persoal docente e non docente. “Se os protocolos se coñecense mañá, sería posible”, engadiu.

Referiuse, ademais, ás palabras da conselleira de Educación publicadas este martes, nas que sinalaba que igual había zonas nas que igual non se podería empezar o curso. Noa Díaz asegurou que “se a consellería comezase a traballar antes, quizá o curso podería empezar antes”.

Tamén sinalou que o Concello non tería problema algún en ceder espazos a Xunta, se esta os pide, para diminuír a ratio de alumando por centro. Iso si, Noa Díaz aclarou que en Santiago pode resultar un pouco máis complicado” atopalos e que debería facerse “con todas as garantías”.

COMEDORES ESCOLARES

Sobre os cambios nos comedores escolares, reivindicou o traballo da concellería durante os últimos meses. Recordou que xa se reuniu en xullo cos directores dos centros escolares, e aclarou que cada centro ten as súas particularidades. Informou que a empresa que xestiona o servizo entregou un documento hai unhas semanas a solicitude do concello, para coñecer as necesidades en función das distancias, sobre o que se está traballando, á espera de coñecer os protocolos definitivos da Xunta.

Neste proceso, Noa Díaz apostou pola ampliación de espazos, antes que a ampliación de quedas, reiterando que a intención é que “haxa as menos quendas posibles e ampliar eses espazos”, pero apelou ás competencias municipais ao asegurar que non lle corresponde ao Concello decidilo. “Nós, engadiu, “o que estamos é elaborando un documento. Hai centros que non van necesitar esa ampliación. Pero nos que si, teñen que dicir de que espazos podemos dispor para ampliar e garantir sobre todo a seguridade dos escolares e do persoal. Se así fose, poriamos todos os medios para isto”, engadiu.

Ante a preocupación das familias, mandou unha “mensaxe de tranquilidade” sen querer “botar balóns fóra”, pero asumindo que o escenario é “incerto” e que todos eses escenarios están abertos”.

OBRAS CENTROS ESCOLARES

Noa Díaz compareceu ante a prensa para informar sobre as obras de verán en escolas escolas infantís e centros públicos de educación de primaria e secundaria da cidade. Traballos que obedecen, sinalou “a unha cuestión máis de hixienización e de preparalos ante este curso complicado”.

A concelleira de Educación explicou que, posto que este ano non había actividade lectiva presencial, as obras xa comezaron en abril. Estas actuacións execútanse no marco dun plan de mellora a catro anos dotado con 1,6 millóns de euros (400.000 euros ao ano). Unha pequena parte desta cantidade resérvase para a campaña de obras de Nadal e para o mantemento dos centros que o precisen durante o ano. Noa Díaz aclarou que o importe total previsto para o contrato de 2020 ascende a 366.666 euros, posto que se asinou con Espiña & Delfín en febreiro. Desta cantidade executáronse uns 280.000 euros, 244.000 este verán; polo que queda un orzamento para o resto do ano duns 36.000 euros.

Para Noa Díaz, trátase “dunha aposta pola educación pública no noso concello, para contar cunhas instalacións de calidade. Defendemos unha educación pública sólida e iso precisa dunhas instalacións adecuadas”. Engadiu, ademais, que este ano, por primeira vez, o contrato leva aparellada unha aplicación informática que permite que os centros fagan as súas peticións ou demandas.

Recent Posts

O alcalde anuncia que esta semana comeza a negociación orzamentaria

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, anunciou que co comezo do ano, "empezaremos coa…

3 anos ago

O rexedor pedirá unha rolda de entrevistas cos ministros do novo goberno de Pedro Sánchez para tratar os asuntos pendentes con Santiago

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, avanzou que, en canto xuren o cargo, pedirá…

3 anos ago

Sánchez Bugallo amosa o interese en chegar a acordos o máis amplos posibles cos demais grupos para sacar adiante os orzamentos

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, sinala a PP e Compostela Aberta, como as…

3 anos ago

O goberno local presenta a próxima semana a primeira parte das actuacións vinculadas ao Ano Santo

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, adiantou que o goberno municipal convocou o luns…

3 anos ago

O alcalde sinala que non caso das estatuas do Mestre Mateo se produciu unha apropiación indebida por parte da familia Franco

A Xunta de Goberno do Concello de Santiago presentará un recurso de casación ante o…

3 anos ago