Mercedes Rosón avanza que a modificación do PXOM para regular as vivendas turísticas irá a pleno no mes de marzo

A concelleira de Urbanismo, Mercedes Rosón, valorou hoxe de xeito positivo o informe favorable da Xunta de Galicia á modificación do PXOM (Plan Xeral de Ordenación Municipal) de regular os pisos turísticos. Está previsto que a citada modificación se leve a pleno a principios de marzo para a súa aprobación.

Mercedes Rosón sinalou que estaban esperando ese informe, “que nos vai permitir aprobar, a principios do próximo mes, o documento inicial da modificación do PXOM en materia de usos para ordenar e xestionar todo o tema da vivenda de uso turístico, nas zonas e ámbitos nas que neste momento están suspendidas as licenzas”. A supensión por un ano, decretada a finais de 2019, prorrogouse a causa dos tres meses de paralización administrativa por mor do estado de alarma.

O prazo desa suspensión  sinala remata o mediados de marzo, polo que “uns días antes levaremos ao pleno do concello ese documento de aprobación inicial”, segundo avanzou Mercedes Rosón.

A preguntas dos xornalistas, Mercedes Rosón tamén despexou as dúbidas xurdidas na implantación da fibra óptica. Explicou que “neste momento está moi avanzado o despregue nas sete fases autorizadas, e xa se están dando altas desde hai dúas semanas”, polo que recomendou ás persoas interesadas “que se poñan en contacto coas operadoras”.

A concelleira realizou estas declaracións na presentación do libro Espazos de Rosalía en Compostela. Un paseo por Santiago con Rosalía de Castro, na que estivo acompañada da autora do texto, Mercedes Espiño. A publicación, da que se editarán mil exemplares, ve a luz grazas á colaboración entre o Concello e a Agrupación Cultural O Galo. Preséntase en febreiro, o mes de Rosalía, co obxectivo de coñecer, difundir e visibilizar a relación que a escritora mantivo coa cidade.

Emisión da presentación de Mercedes Rosón e Mercedes Espiño

Nota*. Ao final da gravación, a partir do minuto 28 aproximadamente,  está a resposta de Mercedes Rosón as dúas preguntas que figuran no texto anterior.

Recent Posts

O alcalde anuncia que esta semana comeza a negociación orzamentaria

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, anunciou que co comezo do ano, "empezaremos coa…

4 anos ago

O rexedor pedirá unha rolda de entrevistas cos ministros do novo goberno de Pedro Sánchez para tratar os asuntos pendentes con Santiago

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, avanzou que, en canto xuren o cargo, pedirá…

4 anos ago

Sánchez Bugallo amosa o interese en chegar a acordos o máis amplos posibles cos demais grupos para sacar adiante os orzamentos

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, sinala a PP e Compostela Aberta, como as…

4 anos ago

O goberno local presenta a próxima semana a primeira parte das actuacións vinculadas ao Ano Santo

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, adiantou que o goberno municipal convocou o luns…

4 anos ago

O alcalde sinala que non caso das estatuas do Mestre Mateo se produciu unha apropiación indebida por parte da familia Franco

A Xunta de Goberno do Concello de Santiago presentará un recurso de casación ante o…

3 anos ago