Categories: ActualidadPortadapsoe

Mañá 30 de abril, celébrase o primeiro dos faladoiros “Conversas coa cidadanía”, no que participarán Pilar Cancela e Sindo Guinarte

Mañá, sábado, 30 de abril, ás doce do mediodía, terá lugar o primeiro dos faladoiros de “Conversas coa cidadanía. Achégate á actualidade”, sobre sobre a invasión de Ucraína por parte de Rusia e as consecuencias económicas e sociais do conflito bélico; coa a secretaria de Estado de Cooperación, Pilar Cancela; e o concelleiro de Relacións Institucionais do concello de Santiago, Sindo Guinarte.  Será aberto á cidadanía, e terá lugar na Casa do Pobo, na rúa de Ramón Cabanillas, 6 entrechán D. (Santiago de Compostela).

Biografías

Pilar Cancela Rodríguez. Secretaria de Estado de Cooperación Internacional

Nada en Stuttgart (Alemaña). Licenciada en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela (1985-1990). É funcionaria pública. En concreto, técnica do Corpo Superior da Administración Xeral da Xunta de Galicia, Grupo A (desde 1993), técnica Superior en Prevención de Riscos Laborais (2006), e directora xeral de Relacións Laborais na Xunta de Galicia en dúas ocasións, en 2003 e no 2005-2009. Deputada polo PSdeG-PSOE nas Cortes Xerais desde 2016 até a actualidade, pola provincia da Coruña. Desde entón, presidiu a Comisión de Igualdade do Congreso até hoxe, e a Comisión de Seguimento do Pacto de Estado en materia de Violencia de Xénero desde a súa creación até o fin da XII Lexislatura.

Militante do PSOE, foi Secretaría de Organización do PSdeG-PSOE (Galicia); presidenta da Xestora de leste, desde marzo de 2016 até outubro de 2017; así mesmo, desde xuño de 2017, da man de Pedro Sánchez, forma parte da Comisión Executiva Federal do PSOE como responsable da área de Políticas Migratorias e PSOE-Exterior. É ademais patroa da Fundación Pablo Igrexas. Declárase profundamente socialista, feminista e galeguista.

Sindo Guinarte Cabada. Concelleiro responsable de Presidencia, Relacións Institucionais e Turismo. Delegado do Ano Santo 2021, con competencias en Turismo, Incolsa, Cooperación, Dereitos Cidadáns e Padrón de Habitantes. Secretario da Xunta de Goberno Local. Segundo tenente de alcalde.

Nado en Forcarei, trasladouse de neno a Compostela. Aquí estudou, ata doutorarse en Dereito. É profesor e decano da Facultade de Dereito da USC. Compatibilizou a súa traxectoria universitaria con diversos cargos políticos e institucionais, dentro e fóra da Universidade, entre os que figuran: director do Instituto de Criminoloxía, secretario xeral da USC, vicevaledor do Pobo e secretario xeral da Presidencia da Xunta no Goberno de Emilio Pérez Touriño.

MÁIS INFORMACIÓN

“Conversas coa cidadanía. Achégate á actualidade” é un ciclo de faladoiros organizados polo Comité Executivo da Agrupación Socialista de Santiago de Compostela, abertos ao público, e nos que se abordarán distintas temáticas que están na axenda informativa e que afectan directamente á veciñanza de Santiago. A primeira destas conversas é a que se celebra mañá na Casa do Pobo.

O segunda, sobre os fondos europeos Next Generation, está programada para o 19 de maio ás 19:30 h. Está previsto que nela participe o delegado do Goberno en Galicia, José Miñones. O 15 de xuño, a temática versará sobre os tres anos do actual goberno socialista en Santiago de Compostela. Estarán presentes o alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, e o seu equipo de goberno. Farán balance dos tres anos de mandato e responderán as preguntas que lles formulen as persoas asistentes.

O tema das “Conversas coa cidadanía. Achégate á actualidade” escollido no mes de setembro é a actual situación economica. Nelas participará Xaquín Fernández Leiceaga, ex-portavoz socialista no Parlamento de Galicia e Doutor en Economía ​ por la Universidad de Santiago de Compostela. Tamén está previsto falar sobre a Axenda 2030 e os retos que plantexa, xa no último trimestre do ano; e sobre outros asuntos de actualidade, que se irán concretando en proximas reunións da Executiva.

Este ciclo de “Conversas coa cidadanía. Achégate á actualidade” desenvolverase na Casa do Pobo, a sede do PsdeG de Santiago situada na Rúa de Ramón Cabanillas, número 6.

Conversas coa cidadanía I

Recent Posts

O alcalde anuncia que esta semana comeza a negociación orzamentaria

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, anunciou que co comezo do ano, "empezaremos coa…

4 anos ago

O rexedor pedirá unha rolda de entrevistas cos ministros do novo goberno de Pedro Sánchez para tratar os asuntos pendentes con Santiago

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, avanzou que, en canto xuren o cargo, pedirá…

4 anos ago

Sánchez Bugallo amosa o interese en chegar a acordos o máis amplos posibles cos demais grupos para sacar adiante os orzamentos

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, sinala a PP e Compostela Aberta, como as…

4 anos ago

O goberno local presenta a próxima semana a primeira parte das actuacións vinculadas ao Ano Santo

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, adiantou que o goberno municipal convocou o luns…

4 anos ago

O alcalde sinala que non caso das estatuas do Mestre Mateo se produciu unha apropiación indebida por parte da familia Franco

A Xunta de Goberno do Concello de Santiago presentará un recurso de casación ante o…

4 anos ago