José Miñones felicita a Sánchez Bugallo por “ese compromiso renovado” de volver presentarse a alcaldía de Santiago

O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, deu a noraboa a Xosé Sánchez Bugallo, “por ese compromiso renovado”, en referencia ao anuncio, realizado onte, de presentarse de novo á alcaldía de Santiago de Compostela polo Partido Socialista.

En resposta ás manifestacións do resto de grupos da Corporación Municpal respecto a este anuncio, Sánchez Bugallo ironizou con que “todos os grupos da oposición están felices e emocionados de que me volva presentar”. E, continuou, “se opinan que hai mellores candidatos, deberían dicilo, porque hai que ser sincero coa cidadanía. Se eu crera que hai un candidato que está en mellores condicións de xestionar a cidade e de facer fronte a un escenario tan complexo como o que ven, con absoluta franqueza, non me presentaría ás eleccións”.

Sobre a decisión de dar este paso, sinalou que “levo un certo tempo tanto na alcaldía de Santiago como sendo candidato. Eu creo que son razóns que nos obrigan a todos a reflexionar. Todo o mundo sabe que eu non me presento ás eleccións porque teña aspiracións de facer unha carreira política, porque a miña carreira política acaba na alcaldía de Santiago. Non teño previsto nin son candidato a ningún outro lado. Polo tanto, o que debo pensar, é se este é o momento de deixalo ou de seguir. E hai dúas razóns que me levan a seguir”. A primeira, explicou, porque “unha persoa que quere, por enriba de todo ao seu municipio, a Santiago, e que se considera un servidor da cidadanía de Santiago, non me parece que poida desestimr o ofrecimento de ser candidato á alcaldía”. E en segundo lugar, porque “o escenario que ven, sigue sendo un escenario plagado de incertezas. Creo que é moi importante ter claro a onde se quere ir e ter flexibilidade e enerxía suficiente para ir adaptándose en todo momento ás circunstancias do camiño”. E, finalizou, “do que vin, paréceme que persoas que antepoñen o seu interés político ao interés xeral da cidade, non me parecen as máis indóneas para encabezar a cidade nestas circunstancias”.

20220914 Alcalde_candidatura

Sánchez Bugallo e José Miñones realizaron estas declaracións durante un encontro mantido esta mañá, no que estiveron acompañados do concelleiro de Mobilidade, Gonzalo Muíños, e no que verificaron a aplicación do desconto do 30% no prezo do autobús urbano que entrou en vigor este mes grazas ás axudas activadas polo Ministerio de Transportes para paliar a inflación e os efectos da crise enerxética. En Compostela, 17.000 persoas se benefician cada día desta bonificación que se aplica aos abonos multiviaxe.

Miñones reiterou que non é o goberno autonómico quen paga este abono: “Hai un BOE no que se recolle, esa bonificación do 30%, como se vai financiar, a partida económica coa que conta, de 200 millóns de euros e cando se vai bonificar, no último trimestre de 2022. Cada vez que o presidente da Xunta di que están abonando eles esta cuantía, é un erro. Ao final quen están pagando isto son os veciños e veciñas de Galicia cos seus impostos. O que se trata é que se poña en marcha unha medida, como esta, impulsada polo Goberno Central, que favorece o uso de transporte público, que axuda ás economías familiares, e que mellora a eficiencia enerxética. Miñones lembroulle ao presidente da Xunta “que votaron en contra” desta medida, polo que lle pediu “coherencia”.

20220914 Miñones_bonificacions

A preguntas dos xornalistas, sobre “que Feijoo copiase literalmente as conclusións das propostas que a Xunta enviara ao Goberno Central para o aforro enerxético”, José Miñones sinalou que non lle sorprende. “É algo que xa advertimos desde a delegación do Goberno, que probablemente se puxesen en marcha medidas que xa estaban aqui en Galicia, e chama a atención que moitas desas medidas xa están implementadas polo goberno de España. E chama máis a atención é que medidas que xa están implementadas foran votadas en contra polo propio presidente do PP. Novamente coherencia e imos estudar con detalle o documento, pero creo que somos referentes a nivel internacional, non só europeo, tamén mundial no que é a xestión da enerxía que estamos facendo e as bonificacións que estamos pondo en marcha”.

20220914 Miñones_proposta

Recent Posts

O alcalde anuncia que esta semana comeza a negociación orzamentaria

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, anunciou que co comezo do ano, "empezaremos coa…

4 anos ago

O rexedor pedirá unha rolda de entrevistas cos ministros do novo goberno de Pedro Sánchez para tratar os asuntos pendentes con Santiago

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, avanzou que, en canto xuren o cargo, pedirá…

4 anos ago

Sánchez Bugallo amosa o interese en chegar a acordos o máis amplos posibles cos demais grupos para sacar adiante os orzamentos

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, sinala a PP e Compostela Aberta, como as…

4 anos ago

O goberno local presenta a próxima semana a primeira parte das actuacións vinculadas ao Ano Santo

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, adiantou que o goberno municipal convocou o luns…

4 anos ago

O alcalde sinala que non caso das estatuas do Mestre Mateo se produciu unha apropiación indebida por parte da familia Franco

A Xunta de Goberno do Concello de Santiago presentará un recurso de casación ante o…

4 anos ago