Gonzalo Muíños pregúntase “onde van aparcar as persoas usuarias do novo centro de Protonterapia”

  • Este luns presentáronse as obras que suporán un novo recorte de prazas de aparcadoiro no complexo hospitalario do Clínico
  • O portavoz dos socialistas insta a Xunta e Concello a “acordar unha solución” toda vez que esta actuación “agrava máis aínda os problemas de mobilidade”

Santiago de Compostela, 8 de abril de 2024. As obras do novo centro de Protonterapia que comezaron este luns suporán un novo recorte de prazas de aparcadoiro no complexo hospitalario do Clínico. Unha situación preocupante para o grupo socialista, máis cando non se albisca acordo entre Xunta e Concello para a construción dun aparcadoiro “dimensionado ás necesidades do complexo hospitalario”.

Gonzalo Muíños que se parabenizaba polo arranque destas obras, “é un día importantísimo para Santiago e Galicia xa que este centro contará cunhas instalacións pioneiras no tratamento avanzado contra o cancro”, tamén amosou a súa preocupación polo impacto que estas terán na mobilidade da zona. Muíños instou á Xunta a “asumir as súas competencias”, acometendo a construción dun parking na zona; e ao Concello a colaborar “expropiando os terreos necesarios, acometendo a urbanización exterior e mellorando os accesos”.

“O centro era o importante, o urxente agora é a mobilidade”

O portavoz dos socialistas recoñece que “o importante” era que se iniciasen as obras do que será o primeiro centro de España de estas características para o tratamento do cancro, “así o defendemos sempre axilizando os trámites”, lembra Muíños, facendo referencia á declaración de proxecto como de especial interese e utilidade municipal en marzo do pasado ano.

“Agora o urxente é acometer unha solución de mobilidade na contorna do CHUS” precisa Gonzalo Muíños, toda vez que as obras demoraranse 28 meses nos que “se agravarán máis aínda os problemas”. Advirte tamén o edil socialista que, con este novo equipamento, “o complexo hospitalario xa non será só de referencia para 46 concellos” senón que, “o será para todo o noroeste peninsular”. Pregúntase Muíños “onde aparcarán as persoas usuarias”.

Defende que se trata dun “equipamento supramunicipal” e que é competencia da Xunta financiar esta actuación, aínda con apoio do Concello, iso si, “tendo en conta que a poboación de Santiago supón só o 20% dos usuarios do Clínico”: “é o que está sobre a mesa, e ao que a Xunta parece seguir negándose” critica.

Recent Posts

O alcalde anuncia que esta semana comeza a negociación orzamentaria

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, anunciou que co comezo do ano, "empezaremos coa…

4 anos ago

O rexedor pedirá unha rolda de entrevistas cos ministros do novo goberno de Pedro Sánchez para tratar os asuntos pendentes con Santiago

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, avanzou que, en canto xuren o cargo, pedirá…

4 anos ago

Sánchez Bugallo amosa o interese en chegar a acordos o máis amplos posibles cos demais grupos para sacar adiante os orzamentos

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, sinala a PP e Compostela Aberta, como as…

4 anos ago

O goberno local presenta a próxima semana a primeira parte das actuacións vinculadas ao Ano Santo

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, adiantou que o goberno municipal convocou o luns…

4 anos ago

O alcalde sinala que non caso das estatuas do Mestre Mateo se produciu unha apropiación indebida por parte da familia Franco

A Xunta de Goberno do Concello de Santiago presentará un recurso de casación ante o…

4 anos ago