Categories: ActualidadPortadapsoe

Conferencia sobre a memoria histórica e a figura de Fernando Barcia Veiras

Conferencia sobre Barcia Veiras.

O historiador Miguel Paz Cabo, impartiu, na Casa do Pobo, a Conferencia sobre a memoria histórica centrada na figura de Fernando Barcia Veiras, presidente da Agrupación Socialista de Santiago de Compostela entre 1931 e 1938.  A presentación e introdución da conferencia correu a cargo do  alcalde de Santiago e secretario xeral dos socialistas composteláns, Xosé Sánchez Bugallo; de Rogelio Pérez, secretario da Fundación Luis Tilve e de Marisa Rodríguez,  secretaria xeral de UXT Santiago.

Estes son os principais datos aportados sobre a figura de Fernando Barcia Veiras:
Fundador de FETE Galicia, vinculada a UXT
Presidente da Agrupación Socialista de Santiago (1931-1938)
Organizador da primeira semana feminista de Galicia
Participa nos mitins de apoio ao Estatuto de Autonomía de Galicia
Xullo – 1936. Nomeado Presidente do Comité de Defensa da República de Santiago de Compostela.
Detido por segunda vez en xuño de 1937, cando estaba agochado na casa da curmá.
Pasa varios meses na cadea ata que é fusilado en xaneiro de 1938.
Toda esta investigación sobre Barcia Veiras está recollida no libro: “Viva la libertad. La silenciada historia del maestro Fernando Barcia en el Santiago de la segunda República”, de Miguel Paz Cabo. O título está relacionado coa frase que berrou cando o estaban fusilando: VIVA LA LIBERTAD.
Entre as persoas asistentes atopábanse os concelleiros de Acción Cultural, Mercedes Rosón; e de Seguridade e Mobilidade, Gonzalo Muíños, membros do Comité Executivo Local do PSdeG en Santiago.

Recent Posts

O alcalde anuncia que esta semana comeza a negociación orzamentaria

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, anunciou que co comezo do ano, "empezaremos coa…

4 anos ago

O rexedor pedirá unha rolda de entrevistas cos ministros do novo goberno de Pedro Sánchez para tratar os asuntos pendentes con Santiago

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, avanzou que, en canto xuren o cargo, pedirá…

4 anos ago

Sánchez Bugallo amosa o interese en chegar a acordos o máis amplos posibles cos demais grupos para sacar adiante os orzamentos

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, sinala a PP e Compostela Aberta, como as…

4 anos ago

O goberno local presenta a próxima semana a primeira parte das actuacións vinculadas ao Ano Santo

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, adiantou que o goberno municipal convocou o luns…

4 anos ago

O alcalde sinala que non caso das estatuas do Mestre Mateo se produciu unha apropiación indebida por parte da familia Franco

A Xunta de Goberno do Concello de Santiago presentará un recurso de casación ante o…

4 anos ago