Subscríbete ao noso boletín
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asistirá o 40 Congreso do PSOE, que se celebra, desde hoxe e ata o día 17 de outubro, en Valencia. O rexedor compostelá forma parte da lista dos delegados da provincia da Coruña, encabezada polo presidente da Deputación provincial, Valentín González Formoso, e na que tamén están, entre outros, os alcaldes de Ferrol e Coruña e o senador Xaquín Fernández Leiceaga. Segundo sinalou o secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, “todos os socialistas galegos” acudirán ao Congreso Federal a “apoiar o proxecto liderado por Pedro Sánchez”.
Pedro Sánchez
Con motivo deste congreso, o secretario xeral do Partido Socialista e presidente do Goberno de España, Pedro Sánchez, enviou unha Carta á militancia na que a convida a “compartir algunhas reflexións que poidan alumar o camiño que temos por diante. A primeira é que debemos ter presente que somos a forza política sobre a que, no último medio século, recaeu a responsabilidade de cohesionar a democracia española, modernizar o noso país e, á vez, facer avanzar a nosa sociedade en dereitos sociais e liberdades públicas. Sempre foi así. Sempre avanzar, xamais retroceder”. Nesa misiva sinala: “coñecemos ben a tarefa que temos por diante, chámase recuperación xusta. Somos conscientes do noso propósito: Avanzar”.
No congreso, coordinado por Adriana Lastra, trataranse os principais retos que debe asumir o partido para transformar o noso país. A economía, o feminismo, a inclusión social, a ciencia, a sanidade ou a transición ecolóxica, xunto á dixitalización, son algúns dos eixos que se abordarán para facer un partido máis sensible ás demandas dunha sociedade en continuo cambio.
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela