Subscríbete ao noso boletín
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, confirmou que todos os centros escolares da cidade abriron hoxe sen incidencias, e que en todos “funcionaban” os servizos dipoñibles, “desde o programa madrugadores, as clases, ata o comedor. Tranquilidade absoluta”, dixo, “todos os que viñeron foron acollidos”, todos os usuarios do comedor foron atendidos e todo se desenvolveu ben, nun día de folga que se presentaba con moitas incertezas.
Explicou que os datos da folga convocada polos sindicatos do profesorado e apoiada pola Confederación de ANPAS de Galicia, son diferentes nas distintas escolas de primaria. “Hai centros onde hai prácticamente todo o persoal acudiu traballar con normalidade, e outros onde a folga tivo máis incidencia entre o persoal docente e noutros entre o alumando”.
Sánchez Bugallo indicou que a estimación de usuarios e usuarias, no caso dos comedores municipais, era de 215 nenos e nenas, unha cifra menor “da que tiñamos reservada; e que o servizo se presta en todos os centros escolares.
En referencia ao inicio do curso, subliñou, “que se trata dun proceso “que se desenvolve a unha velocidade tremenda. O día 31 de agosto saca a Xunta as instruccións do curso escolar”, indica, no que inclúe tamén o funcionamento dos comedores, e no “que transmiten parte das súas responsabilidades aos directores e equipos directivos dos centros. Cada equipo directivo ten que constituir o seu propio gabinete de COVID e teñen que estrutura o funcionamento do centro, cando o día 7 de setembro había aínda centros que non tiñan pechado ese programa.” Continúa explicando que en algúns casos, “onte mesmo, houbo que facer modificacións”.
Engadiu que en Santiago os centros educativos que dispoñen de comedor escolar “como estrutura física” teñen menos dificultades á hora de prestar o servizo “que aqueles centros educativos nos que é necesario habilitar un espazo ou aula que quede despoñible para a súa conversión en comedor”.
Por outra banda, continou, “había que clarificar cuestións interpretativas sobre as distancias nos comedores, sobre a utilización de mamparas que non aparece especificado na instrucción… Todo iso houbo que clarificalo”. Pero engadiu, “cun esforzo inmenso, onte, todos os colexios públicos nos que os comedores dependen do concello, tiñan as mamparas instaladas”, e os comedores listos. Cousa que non se cumpliu noutros centros nos que non están xestionados polo Concello”.
En relación ao programa de becas, que inclúe as becas por falta de recursos económicos e as de conciliación; aclarou que “é imposible resolvelo antes do inicio do curso” porque hai de prazo ata o 30 de setembro para “xustificar determinados elementos, como, por exemplo as actividades extraescolares, que non está definido polas propias ANPAS. Aínda así, explicou, dictamos unha resolución provisional concedendo 600 das aproximadamente 700 presentadas”. De xeito inmediato, explicou o rexedor, se lle notificou ás familias ás que se lle puido comunicar” a través de distintas canles (correo electrónico, teléfono, etc.), “porque pola lei de protección de datos”, indicou, está prohibido publicar esa lista. A maiores, asegurou, onte se chamou ás familias para preguntar se hoxe ían facer uso do comedor. O 70,5% respondeu afirmativamente, aproximadamente o 20% que non, e o 10% restante, non concretaron. “Todas esas familias”, confirmou, “teñan a súa praza no comedor a día de hoxe, e temos todos previsto para facer doble turno en cada un dos colexios, sempre que a demanda así o requira”. Utilízase, continuou, o espazo autorizado polos equipos directivos dos centros educativos.
Tamén recordou as obrigas a maiores que asume o concello, recollidas no decreto publicado onte, “que van ir con cargo ao orzamento municipal”. Entre elas a autorización, ao programa de madrugadores, de ampliar media hora o servizo ou que haxa un monitor máis, porque, a raíz das instruccións da Xunta, “os pais non poden entrar no centro, polo que ten que haber unha persoa que os recolla sen que se abandone o servizo”.
“Asumimos”, concluiu, “un enorme esforzo, e quero agradecer o traballo do persoal de Servizos Sociais, ata a unha da madrugada, o luns e o martes, o persoal de educación estivo ata última hora, e desde logo todas as mamparas, todos os comedores, quedaron perfectamente montados o mércores”.
En resposta ao BNG, que en rolda de prensa cuestionaba o acceso universal ao servizo de comedor, Sánchez Bugallo sinalou “que iso é falar por falar”, e recordou que na reunión mantida coas ANPAS se garantiu que as familias con becas, tanto as de escasos recursos económicos como as de conciliación, ían ter praza. A partir de aí, engadiu “hai unha limitación que é o espazo”. Recorda que os centros que xestiona o Concello non teñen un lugar específico adicado a comedor, polo que se utilizan os espazos autorizados pola dirección. “En principio”, remata, “ata onde nós sabemos, a oferta é superior á demanda, e non hai ninguén que poida garantir unha oferta ilimitada, porque non é posible”.
A oferta sitúase, indicou, en torno ás 500 ou 600 prazas. Depende, indicou, de “axustes” como a configuración do comedor, dos grupos burbulla ou grupos de convivencia…; toda unha serie de esixencias que inciden no aproveitamento do espazo dispoñible”. Tamén confirmou, en contra do que sinalou o grupo municipal do BNG, que o dobre turno de comedor xa está previsto e garantido en todos os centro educativos, sempre que haxa demanda.
O alcalde de Santiago, Sánchez Bugallo e o conselleiro de Educación, Román Rodríguez, visitaron o colexio Pío XII, onde puideron comprobar a tranquilidade coa que se densenvolveu o retorno ás aulas.
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela