Subscríbete ao noso boletín
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela
No marco da presidencia do Consello da Unión Europea, España e CAF convocarán ós 27 ministros de Economía e Finanzas da UE e ós seus 33 pares da Comunidade de Estados Latinoamericanos e Caribeños (CELAC) nun encontro que se celebrará en Santiago de Compostela en setembro do 2023. Un encontro no que “Europa, Latinoamérica e todo o mundo terá os ollos postos en Santiago de Compostela” destacou o alcalde que considera que a elección de Santiago para acoller esta cita é un “motivo de orgullo”.
Xosé Sánchez Bugallo recalca que, acoller un encontro deste calado político internacional, contribúe a seguir poñendo a cidade de Santiago como referente a nivel mundial como “sede de grandes eventos”, supón unha oportunidade para “potenciar e poñer en valor a Galicia a través de Santiago”, e amosa, unha vez máis, o “compromiso do Goberno central con Galicia en xeral e Compostela en particular”.
Un encontro no que participarán os 60 ministros e ministras de ambos continentes coa finalidade de aliñar intereses, sincronizar axendas de desenvolvemento e estreitar lazos xeopolíticos ao tempo que se potencian as relacións comerciais entre Europa e América Latina e o Caribe.
Será en setembro, e sobre a mesa estarán a transición ecolóxica, a transformación dixital e os servizos sociais básicos (educación e saúde).
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela