Subscríbete ao noso boletín
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, considera unha “idea bastante oportuna”, o peche perimetral de Galicia que está valorando a Xunta. Cos datos de contaxios que temos en Santiago, engadiu o rexedor, “e se a situación non empeora, “sería razonable pensar nunha apetura da hostalería para este fin de semana, e probablemente nun levantamento do peche perimetral” do concello.
Sánchez Bugallo pensa que tamén “sería razonable” o peche perimetral da comunidade durante a ponte da Constitución, “para evitar desprazamentos masivos da proboación”, igual que van facer, engadiu, comunidades autónomas como Madrid ou Castela e León, “e ante os problemas que están tendo no norte de Portugal”.
NADAL
Pola súa banda, o concelleiro de Turismo e portavoz de Grupo Municipal Socialista, sinalou, na presentación das accións de Turismo de Santiago de cara o Nadal, que estas festas son “unha oportunidade para a reactivación turística da cidade que non se pode desaproveitar”, polo que ten de “elemento diferencial”.
Segundo o concelleiro, “a reactivación non poderá comezar do todo ata que se controle de forma eficaz a covid”, en referencia á vacina contra o coronavirus, pero, engade, “pensamos que o Nadal é o mellor período para promocionar a cidade e o Ano Santo 2021″. A preguntas dos xornalistas, Sindo Guinarte explicou que non cre que se vaia a producir “ningún tipo de aglomeración” durante as datas do Nadal, posto que as actividades prográmanse “ao aire libre” e para “espazos amplos”. Sobre este asunto indicou que o obxectivo do concello é esparexer as actividades e accións programadas polo conxunto da cidade, “que a xente saia pasear ou consumir nos establecementos de hostalaría e restauración”, e sempre vixiando que se cumpran os protocolos de seguridade.
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela