Subscríbete ao noso boletín
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, cualificou de “satisfactorio” que os presupostos de este ano se poidan aprobar pleno a través dun “procedemento ordinario”, despois do anuncio de Compostela Aberta, de facilitar a viabilidade das contas; un acordo que ve “positivo para a cidade”. O rexedor presentou hoxe o borrador do proxecto de orzamentos para 2022, que superan os 130 millóns de euros, xunto á concelleira de Economía e Facenda, Marta Abal. Trátase, sinalou, duns presupostos “absolutamente necesarios” para Compostela e dun importe moi respectable”.
Respecto de chegar a algún tipo de acordo con outras formacións políticas, en concreto o BNG, o alcalde indicou que “canto maior nivel de consenso se acade mellor” e que se seguirá falando co Bloque. Sobre as acusacións do Grupo Popular, que cualificaba o acordo de radical, respondeu que lle parecía “desorbitado” e que non tiña nada que ver coa realidade. E, continuou, “a todos os que tratan de buscar interpretacións interesadas e fantasiosas”, aclaroulle que “as decisións no Goberno Municipal son colectivas e compartidas por todo o executivo”.
Na presentación, o alcalde destacou “o esforzo que se fai en seguir apoiando aos sectores económicos máis afectados” pola crise sanitaria; así como as persoas e familias máis desfavorecidas. E a aposta “pola dotación e mellora dos servizos da cidade”, reflectida no incremento de gasto en servizos como a recollida de lixo, o Servizo de Axuda no Fogar, ou o servizo de transportes. No capítulo de investimentos, recordou que os colectivos máis desfavorecidos, os barrios e as parroquias concentran o maior esforzo inversor.
Orzamentos 2022
A concelleira de Economía, Facenda, Persoal, Contratación e Modernización da Administración Local; Marta Abal, foi a encargada de explicar e desglosar os distintos capítulos do borrador de orzamentos. “Ascenden a 130.065.329,19 euros, un un 4,04% máis respecto do ano 2021”; isto é 5.045.251,42 euros máis, destacou.
Capítulo I
O capítulo I de gastos ascende á cantidade de 36.107.074,26 euros, o que representa un 3,13 % mais respecto do crédito inicial do ano 2021.
O incremento responde non só ao incremento salarial do 2% previsto na Lei de Orzamentos Xerais do Estado para o ano 2022, senón tamén ás medidas organizativas e de reestruturación de recursos humanos, que se reflectirán, segundo explicou Marta Abal, “na relación de postos de traballo e no cadro de persoal do concello”. Ademais, engadiu “dótase o primeiro tercio do grao II da carreira profesional dando así cumprimento ao pactado no seu dia coas organizacións sindicais tal e como se recolle no acordo publicado en xuño do ano 2019”.
Capítulo II
O capítulo II de gastos ascende á cantidade de 55.478.568,03 euros, o que representa un incremento do 10,17%, respecto do ano 2021, isto é 5.120.326,84 euros mais respecto do pasado exercicio.
Deste capítulo, a concelleira de Economía e Facenda destacou:
– O incremento do gasto dirixido directamente ao comercio. “Estamos a falar dun incremento do 55,56%, en accións directas de dinamización da
actividade comercial, pasando de 171.000 no ano 2021 a 266.000 euros no ano 2022”, sinalou.
– O incremento do gasto destinado á xestión de residuos e limpeza viaria, cun incremento do 5,33%, pasando de 11.846.096,83 euros no ano 2021 a 12.477.815,70 euros no 2022.
– O incremento do gasto destinado ao alumeado tanto das instalacións municipais como do alumeado público nun 31,47 %, pasando de 3.798.038,20 euros no ano 2021 a 4.993.371,69 euros no ano 2022. “Este incremento obedece esencialmente á que se dota o crédito necesario e suficiente para licitar e adxudicar durante o ano 2022 o novo contrato de servizos enerxéticos municipais, no marco do cal se renovará boa parte do alumeado público”, explicou.
– O incremento do gasto destinado a servizos sociais, nun 19,24%, pasando de 3.204.722,49 euros no 2021 a 3.821.373,08 este ano, derivado, esencialmente, do incremento do gasto destinado ao contrato de axuda no fogar.
– O aumento do gasto destinado ao mantemento do concello, tanto no relativo ao mantemento dos pavimentos como ao desbroce de fincas urbanas. Este incremento é dun 28,56% pasando de 1.160.306,09 euros en 2021 a 1.491.684,68 euros en 2022.
– O incremento do gasto destinado ao departamento de Educación, nun 10,24%. Pasa de 5.074.133,89 euros no 2021 a 5.593.950,29 euros no presente exercicio, motivado, esencialmente, polo incremento do gasto destinado á comedores escolares ou a escolas infantís.
– O aumento do gasto destinado ao departamento de deportes, dun 20,28%. Pasa de 1.440.984,47 euros no ano 2021 a 1.733.196,95 euros no ano 2022, debido, sobre todo, ao incremento do gasto destinado ao mantemento de instalacións deportivas.
Capítulo III
O capítulo III ascende á cantidade de 705.596,85 euros. Destinarase, segundo explicou Marta Abal, a intereses da débeda, á dotación, “seguindo criterios de prudencia”, para facer fronte aos intereses derivados de sentenzas xudiciais a executar durante o ano 2022; e ao custe de depósitos bancarios.
Capítulo IV
O capítulo IV ascende á cantidade de 18.287.631,05 euros. Este incremento ven motivado, segundo informou a concelleira, “polo aumento do crédito consignado para facer fronte ao contrato do transporte, tanto do novo contrato como do a actual”.
Deste capítulo tamén destacou o aumento, nun 131%, do crédito destinado a actuacións de fomento do consumo no comercio e na hostalería local, ao pasar de 235.000 euros no ano 2021 a 544.200 euros en 2022.
Capítulo V
O capítulo V ascende a 100.000 euros destinados, como todos os anos, ao fondo de contixencia.
Capítulo VI
O importe do capítulo VI ascende a 16.445.765,96 euros. Marta Abal destacou o “importante incremento do gasto destinado ao ámbito rural, en concreto prodúcese un incremento do investimento no rural dun 45,89%, pasando de 2.438.336,35 euros no ano 2021 a 3.557.320,56 euros en 2022”. Desta cantidade, 2.541.762,28 euros fináncianse con recursos do Concello de Santiago, e 1.015.558,28 euros con fondos do plan provincial, tanto do adicional de 2021 como do ano 2022.
Foi o alcalde quen desglosou esta partida. Destacou, en concreto, os máis de 700.000 euros de aportación do concello a proxectos europeos. Entre as actuacións “destacadas de interese social”, salientou a mellora nos accesos a vivendas e barrios desfavorecidos, citando en concreto, o Banco do Pobre, con cargo a EDUSI, que ascende a 911.740 euros; e as actuacións na ruela das Salvadas (300.000 euros), na rúa Mallou (350.000 euros); na rúa do Pombal (450.000 euros); na rúa Castrón Douro (420.000 euros) e na Avenida de Vilagarcía (125.291 euros); a primeira fase de mellora de infraestruturas en Vite, concretamente na rúa García Lorca (750.000 euros); e a rehabilitación dos firmes das vías urbanas (1.100.000 euros).
Sánchez Bugallo tamén destacou distintas intervencións vinculadas o parque de bombeiros, concretamente o acondicionamento do novo edificio, con 2,5 millóns de euros dos que o Concello de Santiago aportaría medio millón, e a adquisición de novo equipamento. En total, o borrador de orzamentos contempla unha partida superior ao millón de euros para o futuro parque de bombeiros.
Outras partidas importantes que salientou o rexedor, son os 700.000 euros destinados ao Plan de Sostibilidade Turística; a renovación do pavillón Quiroga Palacios, para o que se dispuxo dunha partida de 420.000 euros; e a mellora do conxunto de instalacións deportivas, ás que se destinaría un millón de euros.
Para o ámbito rural recordou esa partida de 3,5 millóns de euros; da que destacou o millón de euros que se destinaría á rehabilitación de firme de viais; e 841.000 euros para saneamento.
Capítulo VII
Para o capítulo VII destínanse 1.528.424 euros; cun incremento dun 16,70%; pasando de 1.309.750 euros no ano 2021 a 1.528.424,00 en 2022. Marta Abal destacou o incremento do importe das axudas á rehabilitación, dun 187,87 % a xestionar pola concellaría que dirixe Mercedes Rosón. Pasaría de 388.000 euros no ano 2021 a 1.116.924,00 euros de 2022.
Capítulo VIII
O capítulo VIII ascende a 185.000 euros. Increméntase un 51,39%, pasando de 122.198,00 no ano 2021 a 185.000,00 en 2022; motivado polo aumento e a dotación do crédito necesario e suficiente para a constitución de EMUVISSA.
Capítulo IX
Ao capítulo IX, de amortización de débeda bancaria, destínanse, no borrador do proxecto de orzamentos, 1.227.269,04 euros.
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela