Subscríbete ao noso boletín
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, valorou dun xeito moi positivo as cantidades consignadas para Compostela no proxecto dos orzamentos xerais do Estado. Destaca o 8,5% de incremento das pensións, da que se beneficiarán uns 24.000 composteláns e os 120 millóns de euros en investimentos que recibirá a capital de Galicia por parte do Goberno Central. “A todos nos gustaría máis, pero sin lugar a dúbidas, é unha moi importante dotación presupostaria, da que debemos sentirnos satisfeitos”.
20221007 Alcalde. Valoracion PXE_investimentos
“Hai outros que fan outras valoracións, que as podían ter escritas hai anos porque lles dá igual o que digan os orzamentos”, engadiu. “Primeiro intentáronos convencer de que orzamentos que contemplaban 10 ou 12 millóns de euros eran unha marabilla, e agora que 120 millóns de euros é moi pouco”. “O que lles podo dicir”, engadiu Sánchez Bugallo, “é que eu volvín á alcaldía dez anos despois e a autovía Santiago-Lugo estaba sen acabar e sen avanzar; o orbital estaba sen empezar; do orbitaliño non se sabía nada, da EDAR perdéranse os fondos; e da terminal de viaxeiros (en referencia a nova estación de tren), tampouco se sabía nada, incluso había asinado un convenio de que non se ía facer ata que houbese tres millóns e medio de pasaxeiros. Teño que dicir que todas as actuacións que a Corporación Municipal define de forma unánime como prioritarias, están contempladas neste orzamentos
No capítulo de investimentos, o alcalde destacou que Galicia, representando o 5,8% da poboación española “sigue recibindo o 8% dos investimentos do Estado”.
Sánchez Bugallo desglosou as partidas destinadas a Santiago:
O alcalde tamén enumerou outras partidas “non explicitadas nos orzamentos” pero “que están comprometidas e aprobadas”. Citou en concreto:
Pensións
Sánchez Bugallo destacou en primeiro lugar o aumento da partida destinada a pensións, cunha revalorización que se realiza conforme ao IPC interanual. Calcula que uns 24.000 cidadáns e cidadás de Santiago se verán beneficiados. En Galicia serán case 800.000 persoas maiores as que verán incrementadas as súas pensións, o que representa case un 30% da poboación. “E estas pensións non só están garantidas para o ano 2023, se non que reciben unha previsión de incremento dun 8,5%. Paréceme xusto, necesario e moi importante”. Lembrou que hai uns anos, baixo o goberno do PP, concretamente de Mariano Rajoy, “se tramitara unha modificación da lei para garantir un incremento do 0,25%”.
20221007 Alcalde_Valoracion PXE_pensions
A esta mellora, o alcalde sumou o IMV, o Ingreso Mínimo Vital e as pensións non contributivas “que tamén contan”, e das que dependen en santiago, máis de 1.600 familias. “Paréceme extraordinariamente importante, polo que representa de calidade de vida, de de xustiza social”. Desde o punto de vista económico, “ese 8,5% de incremento das pensións representa máis de 40 millóns de euros complementarios para Santiago. En conxunto, a cidadanía de Santiago percibe uns 600 millóns de euros anuais en pensións, polo tanto é unha cifra” significativa. En Galicia, segundo os cálculos do rexedor, este aumento significará uns 1.000 millóns de euros máis destinados a este fin, “unha cifra realmente moi importante”.
Lembranza
O alcalde comezou a rolda de prensa enviando “unha lembranza” a Manuel López Ferreiro, o septuaxenario falecido a consecuencia dun atropelo na rúa do Hórreo, acontecido o pasado martes. Lamentou a perda “dunha boa persoa, moi querida na cidade”, “ primeira vítima nun accidente en Santiago no casco urbano desde o ano 2016”.
Este atropelo, subliñou “pon en evidencia que non se pode baixar a garda” e que “compre respectar os límites de velocidade establecidos”, de 20 quilómetros na confluencia entre Hórreo e Av. de Lugo, e 30 quilómetros por hora na rúa do Hórreo. “Polos datos dos que dispomos, sabemos que Manuel cruzou polo paso de peóns, e que houbo un vehículo que non cedeu o paso. “As normas deben ser respectadas, continuou, “porque a diferencia respectalas ou non, pode facer que se salven vidas, ou que se perdan vidas”. O alcalde rematou esixindo aos condutores, que respecten as normas de circulación.
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela