Subscríbete ao noso boletín
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, sinalou hoxe en rolda de prensa que o paro indefinido convocado onte polo Comité de Empres de Urbaser a partir do 18 de xullo, non é contra a empresa, “é unha folga contra Santiago e contra Galicia”, por como pode afectar á veciñanza, ás persoas que visitan Santiago e á imaxe da cidade; e polo momento en que se vai desenvolver, coincidindo coas festas do Apóstolo.
Audio 1. Alcalde._Folga consecuencias
Segundo calculou o alcalde, a proposta de subida salarial do Comité de Empresa, dun 21%, en quen vai repercutir é nos petos da cidadanía. E reiterou que o Concello de Santiago non vai mediar no conflicto, xa que a negociación é “entre empresa e traballadores”. A nós, engade, “invítasenos a pagar a factura”.
Audio 4. Alcalde_Folga negociacion
Sánchez Bugallo espera que se esgoten as vías de negociación. En caso contrario, é contundente ao asegurar que se tomarán todas as medidas necesarias para garantir a saúde da poboación, e non descarta pedir o “estado de emerxencia sanitaria”.
Audio 2. Alcalde. Folga_medidas
En resposta á pregunta sobre as declaracións do Comité de Empresa, que o cualificaban de “agresivo”, engadiu que o que lle parece agresivo é pretender deixar a cidade “chea de porquería”. “Por non falar”, continuou, “doutras cousas que están pasando”, como a queima de 16 contedores, a sabotaxe de 7 camións de recollida de lixo, ou “queimarlle a porta da casa a un traballador de Urbaser”. Isto non é agresividade, afirma, iso xa son delitos.
Audio 3. Alcalde_Folga agresividade
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela