Subscríbete ao noso boletín
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela
O ministro, á súa chegada ao Pazo de Raxoi
Sinatura no libro de Honra da Cidade de Santiago, baixo a mirada de Sánchez Bugallo e de Sindo Guinarte
O alcalde Xosé Sánchez Bugallo recibiu hoxe no Pazo de Raxoi ao ministro de Asuntos Exteriores, José Manuel Albares, quen asinou no libro de Honra do Concello de Santiago. Esta tarde Albares manterá un encontro coa militancia socialista no Hotel Puerta del Camino, onde impartirá a conferencia “A guerra de Ucraína e os seus efectos”.
Á súa chegada ao Pazo de Raxoi, Albares foi recibido por Sánchez Bugallo. Tamén estaba presente a Secretaria de Estado de Cooperación Internacional, Pilar Cancela. A continuación, o ministro asinou no libro de Honra da Cidade, amosando a súa satisfacción de atoparse en Compostela, “unha cidade europea por excelencia que a través do Camiño uniu e mirou a Europa desde fai séculos”. Durante o acto, acompañóunos o concelleiro de Relacións Institucionais, e portavoz do Grupo Municipal Socialista, Sindo Guinarte.
Na visita á catedral incorporouse Valentín González Formoso
Foto de grupo
Unha vez rematado o acto da sinatura, o ministro trasladouse á catedral de Santiago. Ademais do alcalde e de Pilar Cancela, na visita tamén estiveron presentes o secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, e o secretario provincial pola Coruña, Bernardo Fernández.
Fotos encontro coa militancia
Sánchez Bugallo, José Manuel Albares, Valentín González Formoso e Bernardo Fernández
Albares e González Formoso durante a conferencia
Imaxe do acto
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela