Subscríbete ao noso boletín
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela
Santiago de Compostela, 22 de maio de 2023. A través de ascensor ou escaleiras mecánicas pero é “necesario implantar un sistema mecánico que mellore a accesibilidade na zona da Pastoriza e entre o parking de Belvís e Virxe da Cerca” explicou o alcalde que propón a creación de elementos que ofrezan unha maior comodidade ao peón en ambas zonas nas que teñen que salvar unha importante diferenza de cota.
Sobre o acceso desde o aparcadoiro de Belvís, que ademais propón ampliar, e Virxe da Cerca, o alcalde insiste en que os usuarios deste aparcadoiro teñen que atopar facilidades para poder acceder á praza de abastos “toda vez que o aparcadoiro debaixo do mercado está completamente descartado, logo das catas realizadas hai anos nas que se atoparon restos arqueolóxicos”.
Sánchez Bugallo insiste en que se trata de actuacións que buscan “favorecer os desprazamentos peonís” polo que recalca a necesidade de facer un acceso mecánico tamén na zona da Pastoriza onde, xa hai 12 anos, había un proxecto aprobado e con financiación que fora desbotado polo Partido Popular cando chegou ao goberno.
Ademais hai outras actuacións en Santiago, segundo explicou o alcalde, para as que tamén se estudarán actuacións mecánicas como na zona da Trisca.
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela