- A proposta foi negociada cos grupos da oposición. Segundo sinalou o alcalde, CA e BNG manifestaron a súa conformidade
- A axudas destínanse 3.465.000 euros e a investimentos 4.666.503 euros.
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, presentou en rolda de prensa a proposta de asignación de remanentes e ingresos por vendas de parcelas para 2022, que ascende a 8.804.143 euros, e que, segundo explicou, está previsto que vaia ao pleno ordinario, previsto para o 31 de maio. A proposta de reparto foi negociada co resto de grupos da oposición. O rexedor sinalou que Compostela Aberta e BNG, “manifestaron a súa conformidade” e que o PP manifestou as súas reservas, aínda que non se opuxo a ningunha das actuacións previstas.
Audio Sánchez Bugallo 0. Reparto remanentes
Sánchez Bugallo explicou que do remanente líquido de tesourería quedan retidos 16 millóns de euros “co fin de facer fronte ás obrigas pendentes de pago, incluídas as sentenzas xudiciais”. Quedarían dispoñibles 7.200.000 euros, os que se engadirían 1.604.143 euros procedentes da venda de parcelas xa materializada.
Polo tanto o total dispoñible ascendería a 8.804.143 euros que, unha vez consultada a Xunta de Voceiros, repartiríase do seguinte xeito.
- A axudas destínaríanse 3.465.000 euros:
- Bonos Corazón destinados a comercio e a hostalería: 1.350.000 euros.
- Renovación do comercio: 400.000 euros.
- Sector profesional da cultura: 400.000 euros.
- Empresas de economía social: 300.000 euros.
- Melloras da práctica de economía circular: 200.000 euros.
- Incentivos á empresas para a contratación de persoal desempregado (mulleres, persoas de máis de 50 anos e menores de 35): 400.000 euros.
- Promoción do comercio: 150.000 euros.
- Actividades de rúa para a dinamización do comercio e a hostalería: 200.000 euros.
- Incremento das axudas a asociacións comerciais: 15.000 euros (pasarían de 85.000 a 100.000 euros)
- Incremento das axudas ás asociacións veciñais: 50.000 euros (pasarían de 100.000 a 150.000 euros)
- Reforzo do departamento de Lingua Galega: 75.000 euros.
- A investimentos destinaríanse 4.666.503 euros, repartidos en distintas actuacions de mellora repartidas por distintos barrios así como de renovación e adecuación de infraestruturas:
- Praza de Abastos: 566.503 euros.
- Urbanización da rúa Mallou e apertura da rúa da Nogueira: 1.000.000 euros, (que se suman aos 300.000 contemplados nos orzamentos).
- Mellora da sinalética e iluminación dos pasos de peóns: 100.000 euros.
- Vía Verde: 300.000 euros.
- Salas de usos múltiples do Centro Sociocultural da Rocha: 50.000 euros.
- Remate e arranxos no barrio de Vista Alegre: 100.000 euros.
- Beirarrúas e seguridade na zona dos Vilares / A Gracia: 250.000 euros.
- Terceira fase de Basquiños: 350.000 euros.
- Rotonda e seguridade en Fontiñas: 100.000 euros.
- Equipamento do Campo do Castiñeiriño: 50.000 euros.
- Renovación de parques infantís: 450.000 euros.
- Mellora e reurbanización de Conxo: 450.000 euros.
- Melloras e reurbanización do barrio do Sar: 450.000 euros.
- Sinalización da zona rural: 250.000 euros.
- Melloras na contorna da Rua de San Pedro /Antón Fraguas/Costa do Veedor: 100.000 euros.
- Melloras Cruce Montero Ríos- Xeneral Pardiñas: 50.000 euros.
- Rotonda Hórreo: 50.000 euros.
- A estudos e proxectos destinaríanse 595.000 euros, repartidos do seguinte xeito.
- Estudo do Comercio de proximidade: 30.000 euros.
- Estudo da Praza de Abastos: 30.000 euros.
- Axenda Cultural: 75.000 euros.
- Proxecto Travesa do Restollal: 200.000 euros.
- Proxecto San Caetano / Cruceiro da Coruña: 200.000 euros.
- Estudo Porta do Camiño / Alameda / Intermodal: 60.000 euros.
Da lista anterior, financiaríanse con cargo á venda de parcelas as cantidades correspondentes á actuación na Praza de Abastos; á urbanización da rúa Mallou e a apertura da rúa da Nogueira; e á reurbanización e mellora de Conxo e do barrio de Sar. a : 500.000,00 €
Os restantes conceptos financiaríanse con cargo ao remanente líquido de tesourería.
Sgundo explicou o alcalde, hai moitas propostas na que os grupos coinciden. “Lamentamos non poder incorporar moitas máis cousas, que eran necesarias. Pero procuramos, tendo en conta os orzamentos deste ano, que estiveran incluídos aqueles barrios que non levaban unha partida específica para eles, como é o caso de Sar ou Conxo”.
Audio Sánchez Bugallo 2. Reparto remanentes