Subscríbete ao noso boletín
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela
Hoxe, os membros da Corporación Muncipal, entre os que se atopa o alcalde, Xosé Sánchez Bugallo; e os concelleiro Mercedes Rosón, Sindo Guinarte, Mila Castro, e Marta Abal, gardaron cinco minutos de silencio en memoria de Miguel Ángel Blanco e de todas as vítimas de ETA e como acto de condena e repulsa a calquera clase de acto terrorista.
O alcalde Sánchez Bugallo, durante as declaracións
Os cinco minutos de silencio, convocados pola FEMP, a Federación Española de Municipios e Provincias, remataron cun aplauso. A continuación, o alcalde sinalou que o asasinato de Miguel Ángel Blanco foi “o principio do fin de ETA”. Para Sánchez Bugallo “foi un feito trascendental” na loita contra a banda terrorista, “no que se implicou toda a sociedade española”. O asasinato de Miguel Ángel Blanco, continuou, “foi a pinga que desbordou o vaso e que provocou unha mobilizacion xeral”.
En Santiago, os anos de terrorismo de ETA “vivimolos cunha gran preocupación e solidariedade”, sinalou o alcalde, quen lembrou a detención dun comando que pretendía atentar en Compostela. “Nos últimos anos faciamos minutos de silencio por cada vítima, ata que por fin remataron os asasinatos. Foi unha época moi dura”.
O 20 de outubro de 2011, co goberno socialista de José Luis Rodríguez Zapatero, ETA anunciaba, a través dun vídeo, o “cesde definitivo da violencia” e emprazaba aos estados español e francés a abrir “un proceso de diálogo directo”. Detrás quedaban 43 anos de violencia, que deixaron un balance recoñecido de 850 vítimas.
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela