Subscríbete ao noso boletín
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela
Xosé Sánchez Bugallo, é o novo secretario xeral da Agrupación Municipal do PSdeG_PSOE de Santiago de Compostela, na que ocupará a vicesecretaría xeral Mercedes Rosón. Non fixo falta votación, despois do consenso acadado para as candidaturas da Comisión Executiva Municipal; do Comité Nacional Galego, e do Comité Provincial. O tamén presidente do PSOE na provincia da Coruña e alcalde de Santiago, que substiúe na Comisión a Mila Castro, amosouse satisfeito por estas candidaturas únicas, que contaron co respaldo e o consenso de toda a agrupación.
O Comité Executivo Municipal está formado por 14 membros. O que se busca, sinalou Sánchez Bugallo, é a operatividade. “Estamos saíndo da crise da pandemia” da covid-19, esta semana cúmprense dous anos da declaración do estado de alarma; e “entrando de cheo na crise que se vai producir derivada da invasión rusa de Ucraína”. Neste contexto, engadiu, “queremos un órgano efectivo, compacto, e capaza de tomar decisións e de afrontar este escenario tan complexo, tan incerto”, no que ademais haberá eleccións municipais, xerais e autonómicas.
A secretaria xeral saínte, Mila Castro, destacou o crecemento do partido durante os últimos catro anos, tanto a nivel orgánico como de apoios, ao volver “acadar a alcaldía da nosa cidade”. Tanto Mila Castro subliñou que “un Comité forte pode acadar un resultado forte”; e que “estando unidos gañaremos visibilidade dentro e fóra do partido”. Unha idea compartida por Sánchez Bugallo, quen reiterou que un “grupo compacto é imaxe de unidade e de compromiso”.
Mercedes Rosón agradeceu o labora da executiva saínte e amosouse “moi contenta de formar parte de esta estrutura que, dende logo, vai conectar coa cidadanía de Compostela”. Somos, engadiu, “un partido útil e visible para a veciñanza”, sobre todo e como se ven demostrando “en momentos tan confusos como o que estamos vivindo”.
Ao presentarse listas consensuadas e conxuntas, as tres candidaturas foron escollidas por unanimidade e non foi precisa votación.
CANDIDATURA Á COMISIÓN EXECUTIVA MUNICIPAL
CANDIDATURA DE DELEGADAS/OS Ó COMITÉ NACIONAL GALEGO
CANDIDATURA DE DELEGADAS/OS Ó COMITÉ PROVINCIAL
Candidatura_única_SX_e_comites_Compostela (1)
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela