Subscríbete ao noso boletín
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, abriu hoxe a quenda de intervencións na inaguración do XIII Congreso Nacional de UGT que se vai celebrar durante toda a xornada no hotel Oca Puerta del Camino, e no que se debaterá o modelo organizativo do sindicato para os próximsos anos. O rexedor sinalou que ante a actual situación de pandemia que vimos sofrendo desde hai un ano, que derivou nunha crise social e económica, o que “a sociedade espera de nós é apertura de miras e pór o interese xeral por enriba de calquera aspiración persoal ou política”.
Sánchez Bugallo, agradeceu a UGT que celebrase este congreso en Compostela. Lembrou o ano de pandemia e as consecuencias económicas e sociais, “un ano no que cambiaron moitas cousas”, entre as que citou a “enorme crise social” que as administracións e a mesma sociedade “tratamos de paliar con medidas extraordinarias”.
Unha crise, engadiu que dura máis tempo do prrevisible e que afecta “a persoas e sectores que nunca pensaron que se puidesen ver nunha situación tan comprometida”. Moitas empresas, continuou “sufrion a destrución do seu patrimonio” e agora enfróntanse a un periodo de “incerteza” ante o proceso de recuperación.
Pero recordou, os períodos de crise tamén poden traer cousas positivas, acelerar “cambios que xa estaban aí, como a dixitalización”. Uns cambios, que “nos van plantexar enormes retos”, polo que cómpre apuntalar e “reactivar o tecido económico e social”, adaptándoo as novas “circunstancias”.
Para o alcalde, este esforzo que está facendo as sociedade no seu conxunto, “únenos máis do que nos separa” e “fainos distinguir entre o importante e o secundario”. E neste momento, finalizou; o que “a sociedade espera de nós é apertura de miras e pór o interese xeral por enriba de calquera aspiración persoal ou política”.
Ás seis da tarde está previsto o acto de clausura, non que o Consello do Congreso anunciara os resultados das eleccións de nova Executiva.
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela