Subscríbete ao noso boletín
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela
Sobre vivendas turísticas: “é evidente que a Xunta ten que aplicar a súa propia lei, e non ten sentido que obvie o seu propio decreto atonómico. E tampouco pode ignorar as reiteradas sentenzas do TSXG. Paréceme terrible que se nos pida que xudicialicemos todos os casos”.
O Goberno de Sánchez Bugallo non renuncia a unha candidatura de integración coa Coruña para que Galicia albergue a sede da futura Axencia Española de Supervisión da Intelixencia Artificial (AESIA). Segundo sinalou o alcalde en rolda de prensa, “é a nosa proposta desde o principio, defendémola, e por coherencia, tamén a mantemos”. Pide, iso si, que a decisión que se tome se sustente en “criterios obxectivos, transparentes e razoables”.
Dita proposta do Concello de Santiago tradúcese en que a sede se localice na capital de Galicia e os servizos técnicos na Coruña. Pero, engade, “é evidente que se non hai acordo de integración formularemos unha proposta alternativa. Cremos, obxectivamente, que a mellor proposta é a súa ubicación na Cidade da Cultura, desde todos os puntos de vista. É a máis accesible e mellor conectada para todos os galegos: os da Coruña, pero tamén os de Vigo, os de Ourense, os de Pontevedra e os de Lugo. É a máis accesible e a mellor comunicada; na que todo o mundo se pode sentir máis integrado”. Recorda que a pesares de estar fora da zona urbana, atópase perfectamente conectada “coa rede de autovías e autoestradas galegas”. E, continúa, “nun edificio compartido polas tres universidades galegas, o que me parece un valor moi importante”. E, engadiu, “a Xunta xa vi intervir nese tema”, porque “ten a obriga ou de escoller e apoiar unha das candidaturas ou ordear por orde de interese as candidaturas que se presenten, polo tanto non cabe a posiblidade de abstención.
O alcalde avanzou que mañá está prevista unha reunión, á que están convidados os voceiros dos principais grupos políticas, coa Cámara de Comercio de Santiago de Compostela, co Clube Finacieiro e co Foro Cívico, para explicar a posición do Concello e “escoitar os seus razonamentos sobre esta cuestión”. “Defendemos, continuos”, que sexa unha candidatura de integración, na medida do posible, e que a decisión que se tome se faga en base a criterios obxectivos, razonables e absolutamente coherentes cos criterios que fixa o propio Ministerio e o Estado para a selección da sede”.
Vivendas de uso turístico
Respecto do acordo do Parlamento de Galicia, adoptado a semana pasada, no que se instaba a Xunta a cumplir o Decreto 12/2017, de 26 de enero polo que se establece a ordenación de apartamentos turísticos, viviendas turísticas e vivendas de uso turístico na Comunidade Autónoma de Galicia, Sánchez Bugallo sinalou que “é evidente que a Xunta ten que aplicar a súa propia lei, e non ten sentido que obvie o seu propio decreto atonómico. E tampouco pode ignorar as reiteradas sentenzas do TSXG. Paréceme terrible que se nos pida que xudicialicemos todos os casos”. Tratase, engadiu, dun tema “que quero tratar co presidente da Xunta”, e sobre “o que deben reflexionar. Cando hai unha cascada de sentenzas, xa non podemos alegar ingnorancia ou descoñecemento”.
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela