Subscríbete ao noso boletín
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela
O alcalde, Xosé Sánchez Bugallo recoñece que se “manteñen” as partidas para a cidade nos orzamentos Xunta de Galicia pero que non se “incrementan”. Ademais, o groso da inversión recae nas instalacións da propia administración autonómica, sen repercusión na cidadanía compostelá.
Nunha primeira ollada, a partida dos orzamentos da Xunta de Galicia que se dirixe á cidade de Santiago non deixa sorpresas en Raxoi. O alcalde, insiste en que a maior parte dos investimentos que se realizan na cidade volven á Xunta de Galicia en forma de inversións nas súas propias instalacións, coa maior das aportacións, 10 millóns de euros, dirixidos á ampliación do edificio administrativo de San Caetano no solar da xa desaparecida estación de autobuses, ou outros 2,15 millóns para a remodelación do edificio, tamén da Xunta, situado na praza de Mazarelos.
Sánchez Bugallo que se asegurou de que os investimentos comprometidos coa cidade apareceran no proxecto de orzamentos, os 8,67 millóns para a ampliación do CHUS ou os 10 para o centro de protonterapia que se ubicará no parking do Gil Casares, ve con preocupación a conxelación noutras partidas: “mantense a aportación ao Consorcio, pero non se incrementa; ao igual que se mantén a aportación á capitalidade, pero non se incrementa”. Porén, “o que vemos son inversións que van maioritariamente a edificios da propia Xunta de Galicia”.
A AMPLIACIÓN DO PARKING, Á REUNIÓN CO PRESIDENTE
Sánchez Bugallo referiuse tamén á reunión que nas próximas horas terá co presidente da Xunta, con Alfonso Rueda, onde precisamente levará como gran demanda a ampliación do parking no CHUS, da man da máis necesaria aínda ampliación do Hospital Clínico. O alcalde insiste en que “non se pode impedir ou bloquear a ampliación do hospital, que é imprescindible porque estamos falando do dereito á vida e da saúde das persoas de Santiago” mentres se buscan solucións a outros problemas que “están presentes desde hai máis dunha década” e para os que “os gobernos que me precederon non foron capaces de facer absolutamente nada para resolvelos”.
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela