Subscríbete ao noso boletín
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela
O alcalde agradeceu especialmente o traballo dos concelleiros que non continuarán no Pazo de Raxoi e, especialmente, a “xenerosidade” de Gonzalo Muíños e Sindo Guinarte para facilitar a incorporación de Leiceaga.
Santiago de Compostela, 10 de marzo de 2023. “O meu obxectivo era que o conxunto da sociedade se puidera sentir identificado nunha candidatura que está pensada para un escenario incerto” explicou o alcalde, Sánchez Bugallo, que hoxe en rolda de prensa deu máis detalles da lista que o acompañará nas eleccións municipais do próximo 28 de maio.
“Con enerxías renovadas e cun proxecto de cidade reforzado”, Sánchez Bugallo está convencido en que concorre ás eleccións a gañar: “eu preséntome para gañar as eleccións, non me presento para empatar, aspiro a ter 13 concelleiros, a maioría absoluta”. E asegura que a candidatura que deu a coñecer este xoves é “solvente e conta con perfís do asociacionismo, da cultura ou do deporte aspirando a ser representativa de toda a sociedade”. Son, explica, “persoas que sen ter unha militancia activa no PSOE asumen o compromiso de participar neste proxecto con vocación de servizo plena”.
O alcalde que recoñeceu ademais a dificultade de conformar unha candidatura porque “o nivel de compromiso que esixe é moi importante”: “hai 40 anos todo o mundo quería ocupar un posto de natureza política pero, hoxe, moitas persoas que se senten cómodas na súa actividade profesional evitan meterse en política por medo ás críticas e porque o compromiso que se require é moi elevado”. En todo caso, Sánchez Bugallo deixou claro que o “compromiso dos 25 é incuestionable e a nosa ambición é gañar e facelo con maioría”.
Ademais, Sánchez Bugallo, explicou que desde comezos de ano o economista e portavoz socialista de economía no Senado, Xaquín F. Leiceaga está coordinando o programa electoral.
Lista completa:
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela