Subscríbete ao noso boletín
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, espera que o proxecto Peleteiro saia adiante. En rolda de prensa explicou que hai unha proposta sobre a mesa, “que conta con todos os informes legais favorables, sen ningunha dúbida e sen ningunha sombra, con todo o que iso supón desde o punto de vista da seguridade xurídica”.
O rexedor argumentou que se trata dunha “actuación singular, fundamental para o conxunto do Ensanche de Santiago, que todos temos que abordar con altura de miras e facendo prevalecer o interese xeral e o interse público sobre intereses particulares que poden ser lexítimos, pero son particulares”.
Sánchez Bugallo felicitou aos funcionarios polo seu “execelente” traballo, “buscando as mellores solucións e os mellores encaixes desde o punto de vista urbanístico, analizando aspectos como o sollamento, a funcionalidade dos garaxes e a súa integración”. O traballo “desenvolvido polos técnicos contribúe”, continuou, “a unha mellora notable do proxecto e a unha maior seguridade xurídica. Chegados a este punto sería un fallo imperdonable que non seguira adiante”.
Tamén lle agradeceu a Compostela Aberta “o traballo que fixo no seu día”, en dous elementos “fundamentais”: a negociación da redución da edificabilidade e o cambio de uso que sinalou, facilitar a viabilidade da operación.
O alcalde engadiu que unha vez sometido o proxecto á aprobación inicial terá lugar a fase de exposición ao público, durante dous meses.
“Agora o paso que temos que dar”, continuou, “e someter a aprobación pública o proxecto”, que a continuacióin será sometido a exposición pública durante dous meses. Nesta fase, “calquera parte interesada poderá formular as suxerencias que considere oportunas, e a partir de aí, valoraremos todas as propostas que se poidan presentar”, sinalou.
Sanchez Bugallo explicou que o próximo día 19 está prevista unha nova reunión de Comisión Mixta do Peleteiro, á que asistirá a propiedade. “É posible que non poidamos atopar unha solución que satisfaga ao cen por cen aspiracións ou desexos de cada un. Pero sí hai unha solución que vai satisfacer as aspiracións xerais do conxunto”, indicou.
A continuación, o rexedor lembrou que “os respresentantes políticos temos que asumir a nosa propia responsabilidade, facendo prevalecer sempre o interese xeral e colectivo sobre o interese particular”.
Estatuas de Abraham e Isaac
O alcalde tamén avanzou que o Tribunal Supremo admitiu a trámite os recursos de casación e infracción penal presentados polo Concello de Santiago, contra a sentenza da Audiencia Provincial de Madrid que outorga a propiedade das estatuas de Isaac e Abraham do Pórtico da Gloria á familia Franco. Un fallo, sinalou Sánchez Bugallo, “claramente inxusto”.
O rexedor explicou que a comunicación se recibiu esta mañá, e que agora “se abre un novo procedemento tanto por casación como por infracción procesual”, aínda que, advertiu, non se pode cantar vitoria. A partir de agora o Concello ten 20 días para presentar a documentación no recurso de casación.
Con esta decisión, engadiu, mantense unha “leve esperanza” de que o Tribunal Supremo “poida reparar esa tremenda inxustiza derivada da sentenza da Audiencia de Madrid”, que lle recoñece a propiedade á familia Franco, “aínda que esta non puido acreditar en ningún momento” os documentos de posesión das mesmas. Por contra, o Concello de Santiago si entregou “a escritura de compra desas esculturas”, aclarou Sánchez Bugallo, quen confía en que o Tribunal Supremo aprecie esa documentación que se foi achegando en cada momento e revise unha sentenza que teño que dicir que me parece claramente inxusta”.
O obxectivo do concello, sinalou, é recuperar uns bens que engadiu, “deben ser patrimonio de todos”.
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela