Subscríbete ao noso boletín
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela
O Comité Federal do PSOE ratificou este sábado as súas listas de candidatas e candidatos ás eleccións xerais do 23 de xullo.
Santiago de Compostela, 10 de xuño de 2023. Ratificadas por unanimidade as listas das candidaturas socialistas ás eleccións xerais do próximo 23X no Comité Federal celebrado esta mañá, nas que Sánchez Bugallo encabezará a lista ao Senado pola provincia de A Coruña. Unha “nova oportunidade para seguir traballando por Galicia e por Santiago” que “recibo con gran agradecemento e alegría”.
O actual alcalde de Santiago en funcións agradeceu ao partido e á militancia o “apoio e a confianza recibida” recoñecendo que a súa candidatura era algo “completamente imprevisto” pero “que asumo con toda a ilusión e o compromiso de sempre”. Seguro das posibilidades de Pedro Sánchez, Bugallo destacou o apoio social e o impulso ao emprego nos últimos anos: “todos recordamos como se xestionou a crise do 2009 e como se fixo nesta, na que ninguén quedou atrás e, non só iso, senón que todos os indicadores nos falan de creación de emprego e de recuperación da nosa economía”.
LISTA COMPLETA PARA O SENADO
Manuel Mirás Franqueira (Oroso)
Sandra Maneiro Pais (Muros)
—
Inés Ramos López (Laracha)
Antonio Carlos Piñeiro Carrera (Pontedeume)
—
María Jesús Regueiro Sánchez (Betanzos)
Marcial Blanco López (Cedeira)
LISTA COMPLETA PARA O CONGRESO DAS E DOS DEPUTADOS
Titulares:
Suplentes:
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela