Subscríbete ao noso boletín
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela
O documento, redactado por técnicos do departamento de urbanismo, e entregado hoxe aos grupos da oposición, contempla actuacións en 14 espazos: prazas da Inmaculada, Obradoiro, Praterías, Quintana; en San Francisco; avenida de Xoán XXIII; rúa do Franco; rúa da Raíña e praza de Fonseca; rúa Travesa de Fonseca; rúa do Vilar; rúa Nova; praza do Toural e Cantón do Toural; praza de Fuenterrabía e rúa da Senra e praza de Galicia.
As medidas a realizar están todas encadradas nos seguintes epígrafes: accesibilidade, servizos públicos, mobilidade, iluminación ornamental, regulación dos usos dos espazos públicos no entorno da catedral e outras actuacións nos espazos públicos. Segundo indicou o rexedor, algunhas delas xa se están a realizar e, a meirande parte, comezarán canto antes.
En materia de accesibilidade, o rexedor explicou que se manterá o control de acceso para vehículos de San Francisco, pero o resto serán reformados. Tamén se habilitará un novo acceso para as cubertas e o Museo da Catedral por Arco de Palacio. Ademais, haberá unha reforma na Costa do Cristo para mellora o acceso ao departamento municipal de Tráfico.
Na Praza de Galicia, ampliarase a beirarrúa, ata tres metros de ancho, e o bus ao aeroporto deixará de parar nese lado e farao na parte da praza na que está o carril de servizo do aparcadoiro, onde se instalará unha marquesiña, co fin de aliviar a zona na que até agora paraba.
En canto a aseos públicos, acometeranse melloras nos que xa existen, o da Alameda, o do parque de Xixón e o da Costa do Cristo. Está previsto, ademais, construír novos servizos na Rúa de Raxoi e na Praza de Praterías. A Fundación Catedral tamén ten previsto ampliar baños do antigo centro de atención aos peregrinos na Casa do Deán.
En materia de iluminación, está previsto encarga un proxecto para o exterior da Catedral, así como un plan director para o conxunto do centro histórico. Na xestión de residuos, retirarase a compactadora de lixo instalado na rúa Travesa de Fonseca, e subsituirase este servizo por un vehículo de pequenas dimensións que irá pola Rúa do Franco “cada dúas horas” para a recollida de lixo dos establecementos hostaleiros.
Otro dos aspectos que aborda o documento é a regulación dos usos nos espazos públicos do entorno da catedral. Neste ámbito procederase ao traslado do fogos das festas do Apóstolo da praza do Obradoiro. O alcalde puntualizou que se seguirá mantendo o espectáculo de luz e son da noite do 24 de xullo pero terase que estudar unha ubicación alternativa para o lanzamento da pirotecnia. Tmén se regularán os usos na Praza dá Quintana, o que afectará a espazos como as terrazas, ou ao tamaño dos palcos para empregar en actos e concertos. Tamén está previsto reformar o servizo de trens turístico, posto que o rexedor opina que non é viable que haxa dous trens no Obradoiro en Ano Santo.
Dez deses proxectos, segundo indicou Rosón, “encargarémolos de xeito inminente para ir adiantando todo”. Este encargo, segundo explicou o alcalde, “financiarase co orzamento presentado de 2020”, e a súa materialización “pretendemos fianciala con cargo ao presuposto de investimentos finacieiramente sotibles que trataremos de aprovar cara finais de abril-maio”. Engadiu que “hai custes que xa están encaixados”, como os elementos de control de accesibilidade”, un millón de euros incluido no proxecto de Smartiago”, e o resto aínda se está cuantificando.
VIVENDA TURISTICAS
Durante a rolda de prensa, e a preguntas dos xornalistas sobre a aplicación da moratoria de vivendas turísticas, Mercedes Rosón explicou que na Xunta de Goberno se aprobou a suspensión de diferentes solicitudes de licenzas de establecementos turísticos, e que se están rexeitando decenas de comunicacións previas (as que non teñen que ir a Xunta de Goberno) para pisos turísticos, en función desta normativa.
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela