Subscríbete ao noso boletín
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, cre que, co principio de acordo acadado con Compostela Aberto sobre o proxecto Peleteiro, o Grupo Popular “queda fora de xogo”. CA amosou esta mañá, despois dunha reunión, a súa intención de “viabilizar a modificación do PXOM no ámbito da parcela do vello Peleteiro”, sempre que se garantise esa apertura de 20 metros cara a rúa República Arxentina. Un obxectivo conseguido, segundo confirmou o rexedor, “aínda que quedan por axustar algúns flecos”.
Audio alcalde 1. Acordo_Peleteiro
O rexedor cualifica a actitude do Grupo Municipal Popular neste asunto de “incoherente, e non lóxica”. Argumenta que o punto de partida é un “convenio urbanístico suscrito hai case 20 anos e apoiado polo PP, o PSOE e o BNG, as tres formacións políticas que compuñan a Corporación Municipal naquel momento”. En base a ese convenio urbanístico, sinala, “incorpórase no PXOM o volume edificable e os usos previstos”. Recorda que tamén hai un “proxecto de compensación aprobado pola Xunta de Goberno, e non cabe ignorar a existencia de todos estes documentos e acordos, que fan que a empresa propietaria teña uns dereitos recoñecidos sobre esa propiedade”.
Esta circunstancia, explica o alcalde, fai que haxa que chegar a acordos coa empresa propietaria. O resultado final, explica, “unha praza pública, de aproximadamente 1.600 metros cadrados”, con amplas aperturas cara San Pedro de Mezonzo, e cara República Arxentina, máis ancha incluso que Xeneral Pardiñas e coa propia República Arxentina. “Unha praza cunha conectividade espléndida, sinala o alcalde, aberta cara o suroeste, cunha gran cantidade de luz e de sol, algo semellante ao que está a acontecer coa Praza Roxa”.
Está previsto que a modificación do PXOM para levar a cabo o proxecto Peleteiro se leve un pleno extraordinario a mediados de xuño. Para esa data, sinala Sánchez Bugallo, “xa estarán os planos correxidos e actualizados”, así como os informes técnicos e o convenio urbanístico que “cómpre suscribir coa empresa propietaria da parcela”. “Espero”, engade, que “co apoio de Compostela Aberta e do BNG, saia adiante”.
Audio 3 alcalde. Pleno_Peleteiro
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela