Subscríbete ao noso boletín
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela


E agora, continuou, está o coronavirus para, dixo,”acabar de complicar a situación”. Sánchez Bugallo volveu a facer un chamamento á “serenidade” e a “seguir todas as indicacións” que faga o Ministerio de Sanidade; aínda que advertiu dos efectos que o virus pode ter no turismo, especialmente en Semana Santa.
O alcalde cre que o coronavirus aínda está en fase ascendente no noso país. “Todos os indicadores que hai din que probablemente desde finais de marzo, coa chegada da primavera, se iniciará unha etapa descendente”, manifestou Bugallo, que aclarou, que iso “non vai beneficiar” ao sector turístico durante a Semana Santa.
XUNTA DE GOBERNO LOCAL
Na rolda de prensa, o alcalde informou sobre os asuntos tratados na Xunta de Goberno. entre eles a probación do gastgo de apertura do procedemento de adxudicación de remodelación da rúa dos Concheiros, unha operación incluída na Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible e Integrado- EDUSI. A obra conta cunha licitación de 2.651.608,87 euros.
O expediente desta obra, explicou, solaparase coa tramitación dos orzamentos, polo que confía que, unha vez aprobados estes a principios de abril, se poida adxudicaro contrato a finais de abril ou principios de maio, e iniciar os traballos en maio-xuño. Sánchez Bugallo espera que a obra poida estar rematada na Semana Santa de 2021, apuntando que un dos aspectos que se valorará na adxudicación é a realización de quendas dobres de traballo.
Sánchez Bugallo lembrou, ademais, que hxoe se incian as obras do veiro de Clara Campoamor,que de momento, nesta fase incial, non afectan ao tráfico.Cando isto suceda, engadiu, “a prioridade será desviar todo o tráfico posible polo túnel do Hórreo, de xeito que no se utilice o Restollal e non coincida todo o tráfico na rotonda de Galuresa, orixinando un colapso alí”.
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela